A Ponte do Día do Pai xa ten un interesante plan para a xornada do sábado. O Concello de Moaña propón gozar dunha das actividades culturais estrela nestes tempos de pandemia. O autocine é unha das opcións emerxentes dadas as estritas restricións sanitarias e a vila morracense, unha das primeiras en apostar pola cultura dende que se declarou a emerxencia sanitaria, aposta por transformar o aparcamento da Xunqueira nun autocine gratuíto.
As persoas que queiran desfrutar desta experiencia cinéfila terán a súa disposición a proxección de “La rebelión de los cuentos”, un filme que xa esgotou todas as invitacións hai uns días en Baiona. O pase que terá lugar no antigo cuartel da Garda Civil en Moaña será gratuíta e terá lugar ás 20:30 horas, aínda que a apertura para acceder ao recinto será ás 19:30 horas. O aforo do espazo é para 56 vehículos.
As interesadas e interesados en asistir ao autocine de Moaña (sábado 20 de marzo ás 20:30 horas) poden conseguir a súa invitación (unha por vehículo) a través da web oficial do autocine (premer aquí) a partir deste mércores 17 de marzo ás 17:00 horas. No caso de lograr unha das 56 entradas gratuítas, a película poderase escoitar a través da radio do coche e na frecuencia que indique a organización do evento. Esta experiencia cinéfila segue sendo un éxito a nivel galego e, concretamente, na área de Vigo, onde tivo unha gran acollida en concellos como Tui, Baiona, Nigrán ou Salceda de Caselas.
“La rebelión de los cuentos” é un filme de animación que aborda como transformar contos de fadas con humor e intelixencia. Imaxinemos que, por exemplo, Brancaneves e Carapuchiña Vermella son vellas amigas. Farían unha alianza para desfacerse dos depredadores famentos ou dunha sogra asasina.
Últimas horas para disfrutar de la espectacular Mostra da Camelia de O Porriño. Una experiencia llena de aromas, colores y naturaleza
El "Solar Open Air" se celebrará en A Xunqueira, en Moaña, y ofrecerá diversas horas de música en directo. ¡Por ahora han confirmado tres artistas!
Vigo Porté ha presentado su nueva edición con más de 1.000 participantes, hasta 421 coreografías y rostros conocidos. No te pierdas todo lo que ofrecerá
¿Te gusta el buen vino y te gusta Portugal? Entonces no te puedes perder esta celebración con música, foodtrucks, catas y maridajes
Permite identificar un deterioro no control postural que incrementa o risco de caídas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL