• Festa furancheira
  • Festa da Sardiña Vigo
  • Perreo en Vigo
  • Gen Z y ocio nocturno en Vigo
  • Chenoa
  • Amancio Ortega
  • Pueblo bonito de Galicia
  • Nuevo chiringuito
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

O centro de investigación atlanTTic celebrará este venres unha xornada de portas abertas

O centro de investigación atlanTTic celebrará este venres unha xornada de portas abertas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
17/11/2022

Baixo o lema Conecta con atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo celebrará o vindeiro venres, 18 de novembro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, unha nova xornada de portas abertas co obxectivo de achegar o seu traballo á cidadanía. Unha vintena de investigadoras e investigadores que desenvolven a súa actividade no centro, amosarán o seu labor e atenderán as preguntas e dúbidas que sobre a mesma lle formulen ás e os participantes na xornada, que poderán visitar as instalacións e participar nas visitas guiadas aos laboratorios do centro de excelencia investigadora da Universidade de Vigo. Os equipos científicos que traballan en programas en colaboración coa Axencia Espacial Europea (ESA), en proxectos para mellorar a ciberseguridade, en aplicacións para achegar a cultura ou o Camiño de Santiago a toda as persoas, en ferramentas para a auto-diagnose de enfermidades, ou mesmo nos últimos avances en 5G, cuántica, intelixencia artificial ou fotónica integrada participarán nesta xornada, na que o público, tamén, poderá visitar postos con demostracións e os tres dos laboratorios no que o persoal investigador de atlanTTic desenvolve a súa actividade: o laboratorio de seguimento de satélites; o laboratorio de fotónica; e o de acústica , coa cámara semianecoica, totalmente illada de calquera fonte sonora externa, deseñada e recuberta para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas e cunha sala de control non-enviroment.

Esta xornada de portas abertas enmárcase no programa de actividades de Divulgando Ciencia Singular e require inscrición previa que se pode realizarse a través da propia web de atlanTTic.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026

Unha ocasión única para entrar en contacto co persoal investigador

“Trátase dunha ocasión única para poder estar en contacto co persoal investigador do centro e coñecer de que xeito inflúen no deseño das tecnoloxías do futuro a través da súa colaboración activa en proxectos desenvolvidos para empresas e institucións nacionais e internacionais”, explican desde atlanTTic, sobre a xornada do vindeiro venres na que o centro ofrecerá espazos para compartir os seus proxectos máis novidosos ou mesmo os resultados das súas últimas investigacións en curso, co fin de achegar a ciencia á cidadanía Así, na xornada de portas amosaranse proxectos como SignaMed, para o emprego do recoñecemento automático de lingua de signos; a app talkAACtive, que axuda a persoas con Trastorno do Espectro Autista no entorno laboral; o Bot de Entretemento e Acompañamento (BEA), para persoas maiores; o proxecto rurAllure, para planificar itinerarios de varias rutas peregrinas europeas; Fawrensian, o software que analiza a veracidade das fotografías; Lightboard, para a educación dixital; LifeTEC, novas ferramentas para a loita contra aos lumes; LitterDrone e BEWATS, teledetección e seguimento de lixo no mar, ou Panoramix, para a detección do deterioro cognitivo.

Entre as persoas que participen na xornada de portas abertas, atlanTTic sorteará un kit de produtos promocionais do centro.

Un centro punteiro

atlanTTic é un centro de investigación punteiro integrado por máis de 170 profesionais que desenvolven coñecemento no campo da privacidade e a seguridade, as tecnoloxías multimedia, as redes de datos, os e-servizos, a bioenxeñaría, o radar, as comunicacións por satélite e, en xeral, as comunicacións radio e ópticas. O seu equipo investigador, ademais de liderar proxectos H2020 e colaborar coa Axencia Espacial Europea (ESA), obtivo diversos premios ao seu labor, ademais de pertencer a algunhas das academias e sociedades científicas e profesionais máis recoñecidas e asinar artigos nas máis prestixiosas cabeceiras sobre ciencia como Science ou Nature.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

A quinta ruta de "Voando nas Rías Baixas" pola Lanzada arrasa esgotando prazas en 24 horas
Qué hacer

Abre el plazo para apuntarse a las nuevas rutas gratis de "Voando nas Rías Baixas"

...

PorAlfredo Teja
07/06/2026
De la dorna a la gamela, Baiona propone un asombroso viaje naval con un centenar de maquetas
Exposiciones

De la dorna a la gamela, Baiona propone un asombroso viaje naval con un centenar de maquetas

...

PorMetropolitano
07/06/2026
Arranca la Fiesta del Cine en Vigo con descuentos, ¿qué películas podrás ver en la ciudad?
Qué hacer

Arranca la Fiesta del Cine en Vigo con descuentos, ¿qué películas podrás ver en la ciudad?

...

PorIván Dacal
07/06/2026
Nace un evento solidario a favor de Palestina en el área de Vigo con comida, actuaciones y mercadillo
Qué hacer

Nace un evento solidario a favor de Palestina en el área de Vigo con comida, actuaciones y mercadillo

...

PorSara Rodríguez
07/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X