Tomiño recupera o cineclub Poleiro con enerxía renovada despois do paréntese obrigado pola pandemia e as obras realizadas no auditorio de Goián. O xoves 3 de marzo terá lugar a proxección da primera longametraxe deste ciclo "que quere facer un guino ao máis próximo, a todos aqueles profesionais e artistas que durante este tempo tiveron tantas dificultades para regalarnos a maxia desta sétima arte coa súa obra", explican dende a organización.
Tras esta primeira proxección, o auditorio acollerá unha función de cine todos os primeros xoves de cada mes. En canto ao precio, o bono de socio para todo o ciclo custa 10 euros e se se dispón do bono anterior aplicarase un desconto de 5 euros.
A cinta escollida para abrir o ciclo este xoves 3 de marzo é "La Novia" dirixida por Paula Ortiz unha historia que dende o primeiro momento amosa a vontade de emocionar e deixar sen alento ao espectador. A película narra a vida de tres amigos inseparables dende a infancia. Con Álex García, Inma Cuesta e Asier Etxeandía como protagonistas, o guión é unha adaptación libre da obra "Bodas de Sangre" de Federico García Lorca, cun triángulo amoroso que sustenta a trama. Con numerosas nomeacións a distintos premios cinematográficos, conseguiu dous Goya e seis Premios Feroz.
Despois seguiranlle outras tres excelentes películas españolas de novos directores. O xoves 7 de abril proxectarase "La vida era Eso", unha película de 2020 dirixida por David Martín de los Santos e protagonizada por Petra Martínez e Anna Castillo. A cinta conta a historia da relación entre dúas mulleres españolas de dúas xeracións distintas que emigraron a Bélxica e coinciden na habitación dun hospital.
O xoves 5 de maio será o turno da película "La hija", dirixida por Manuel Martín Cuenca. Un filme do ano 2021 que relata a historia de Irene, unha moza de 15 anos que vive nun centro de menores, queda embaraza e pode cambiar a súa vida coa axuda dun educador.
Por último, o xoves 2 de xuño, remata o ciclo con "El amor en su lugar", de Rodrigo Cortés. Unha historia que transcorre no ano 1941, cando catrocentos mil xudeos de Polonia están confinados nun gueto polos nazis. Fora dos muros a vida segue, pero dentro os habitantes loitan por sobrevivir.
El penúltimo fin de semana de julio llega con citas imprescindibles del verano vigués y opciones para todos los gustos. ¡Toma nota!
Vigo se prepara para disfrutar de la Romería de San Roque. David Civera es el gran bombazo de un programa con conciertos, sesión vermú o comida
Monçao celebra este fin de semana una fiesta gastronómica especial, la de "la Rosca e do Papudo". ¡Este es su programa!
Vigo podrá disfrutar este sábado del Inmersa Dance Fest, que pondrá a bailar a las personas que se acerquen hasta Porta do Sol
Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL