No 2017, cando esperaban nos camerinos do Festival Celtic Connections de Glasgow arrancaron cunha improvisación que se converteu rapidamente en viral. Nun segundo o seu carácter desenfadado e a súa brillante improvisación conquistou a máis de 300.000 persoas. Agora, chegan con voz propia ao Festival Intercéltico do Morrazo como a última confirmación dun cartel cargado de voces femininas.
Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, o trío que compón as Tanxugueiras, visitará o festival de Moaña o venres, 26 de xullo trala actuación de Kinnaris programada ás 22:00 horas.
Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, Sabela, Aida e Olaia propician un encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade xorden desde o primeiro minuto e fan que revolucionen o panorama musical galego.
Gañadoras do premio estatal da música independente (MIN) ao mellor álbum en galego de 2018 e do Premio Martín Códax da Música neste 2019, son o vivo exemplo do rexurdimento que vive o mundo da pandeireta en Galicia.
As creacións das Tanxugueiras, que conecta a tradición ibérica co maxín atlántico e os cheiros de ultramar, conquistaron ao público nos máis de 50 concertos que realizaron no 2018 -dende a India a Suíza- e agora chegan a Moaña convertidas xa nun referente da música tradicional galega.
A banda que as acompaña nos directos, está formada por músicos de gran traxectoria como Isaac Palacín na percusión (Berrogüetto, Guadi Galego...), José Manuel Díaz Iglesias ao baixo eléctrico e contrabaixo (Uxía, Sindicato da noite...), Cibrán Seixo ao violín (Budiño, Andrés Penabad, Davide Salvado...) e Rubén Fernández ao acordeón (Alvariza).
Con esta última confirmación o Intercéltico do Morrazo pecha o cartel dunha edición que arrancará o xoves 25 de xullo con Habelas Hainas e Talisk. Seguiranlle Kinnaris e as propias Tanxugueiras o venres 26 e pecharan o festival Anxo Lorenzo e Sharon Shannon o sábado 27.
El centro de Vigo acoge este mes de mayo una nueva edición del "Speed Dating" de Sit&Meet Galicia. Descubre aquí cómo apuntarte
Esta ruta tiene una conexión desde Vigo con Ourense en tren para poder hacer la ruta. Incluye viaje en catamarán y las visitas guiadas
El programa Voando nas Rías Baixas visitará el 25 de mayo este espacio natural. Las inscripciones abren este lunes, 12 de mayo
Redondela llega a su día grande de la Festa do Choco. Este sábado, cientos de personas pasaron por la carpa degustación
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL