Escocia súmase a Irlanda e Galicia no Intercéltico do Morrazo. O Festival que se celebra en Moaña entre o 25 e o 27 de xullo vén de incorporar a dous novos grupos chegados dende a nación máis setentrional das illas británicas.
O virtuosismo enérxico de Talisk, valeulle gañar o BBC Radio 2 Young Folk Award soamente un ano despois de terse formado. Dende entón, acumulan unha morea de premios polo seu son “enérxico pero enxeñosamente tecido” e a súa combinación á perfección da concertina, o violín e a guitarra que ten cativado ás audiencias de medio mundo, dende os Estados Unidos a Australia.
Fronte a outras bandas, Talisk representa un estilo musical cheo de boas vibracións que ten levado a festivais líderes no mundo, como o Cambridge Folk Festival, o Denmark's Tønder, o Philadelphia Folk Festival, ou o Celtic Connections de Glasgow. O lanzamento do seu segundo álbum, Beyond, en outubro de 2018, atopouse cunha puntuación de cinco estrelas 'Top of the World' en Songlines, definindo á banda como “incriblemente pegadiza e entrañable... fresca, enérxica, consolidada e divertida”.
Formada por Mohsen Amini, Hayley Keenan e Graeme Armstrong, Talisk saltará ao escenario do XXXV FIM o xoves 25 de xullo trala actuación de Habelas Hainas programada ás 22.30 horas. Pero non será a única representación escocesa nesta edición.
Pola súa parte, tras irromper en escena en 2017, Kinnaris Quintet namorou ao público o pasado ano co lanzamento do seu álbum debut, Free One. Un título axeitado para una banda que expresa o seu amor pola vida a través da música.
Este quinteto de mulleres conforma un son dinámico e convincente que casa as diversas orixes musicais, influencias e estilos das súas integrantes. Kinnaris combina folk escocés e irlandés con bluegrass e clásica, todo da man de cinco intérpretes que non poden esconder a alegría de tocar xuntas. Un entusiasmo contaxioso do que pode dar testemuña calquera persoa que as teña visto ao vivo. A agrupación converteuse rapidamente nunha banda folk a seguir, e xa ten actuado en varios festivais, incluída unha aparición no emblemático Barrowland Ballroom de Glasgow.
Fiona MacAskill (violín), Laura Wilkie (violín), Aileen (Reid) Gobbi (violín de cinco cordas), Laura-Beth Salter (mandolina) e Jenn Butterworth (guitarra) compoñen Kinnaris Quintet. Todas son músicas consumadas por méritos propios, pero cando tocan xuntas, a súa enerxía combinada é digna de admirar: unha forza a ter en conta. Kinnaris Quintet abrirá os concertos do venres 26 ás 22:00 horas.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL