Cun novo traballo baixo o brazo, a presenza de Anxo Lorenzo na vindeira edición do Festival Intercéltico do Morrazo era máis que obrigada. O músico moañés presentará o seu novo disco “Vortex” no evento que terá lugar en Moaña os días 25, 26 e 27 de xullo. O artista morracense será un dos principais reclamos da última xornada desta cita musical ineludible para os amantes da música celta e folk ao subirse ao escenario principal do FIM ás 22:00 horas.
Anxo Lorenzo estará arroupado nesta cita tan especial pola súa banda e polos músicos irlandeses Blackie O’Connel e Cyrill O’Donoghe, que tamén colaboran neste novo álbum. O gaiteiro moañes promete moitas sorpresas neste concerto no que haberá un percorrido polos seus anteriores traballos discográficos que suporán un colofón ideal desta nova edición do Festival Intercéltico do Morrazo.
O morracense é un dos referentes da música galega. A relación de Anxo Lorenzo coa gaita comeza cos Chaneiros de Marín como un amor a primeira vista. Continúa a formación do instrumento en Moaña co mestre Xabier Blanco na banda de gaitas Semente Nova e con Moxenas na súa etapa como docente no Morrazo. En Vigo, compaxina os estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo con Carlos Núñez coa actividade na banda de gaitas Xarabal e set director e mestre artesán, Antón Corral.
A vida de Anxo Lorenzo é unha vida dedicada á gaita galega, una vida chea de viaxes, colaboracións e gravacións dun moañés namorado do seu pobo e orgulloso do seu instrumento. O vindeiro sábado 27 de xullo, ás 22:00 horas, actuará ante centos de persoas que abarrotarán o Paseo Marítimo moañés para gozar da música do artista local, un Anxo Lorenzo que amosará as bondades de “Vortex” e interpretará outros temas que xa son éxitos da nosa música.
O anuncio de Anxo Lorenzo supón a primeira confirmación dun Festival Intercéltico do Morrazo que xa quenta motores de cara a súa vindeira edición. A cita musical volverá a converter a Moaña como capital do folk na última fin de semana de xullo.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL