Nova incorporación ao Festival Intercéltico do Morrazo. Cando resta pouco máis dun mes para que o universo “folkie” abarrote Moaña, o Concello confirma a actuación de Habelas Hainas, un conxunto galego formado por mulleres que, ademais, será o encargado de abrir o evento o xoves 25 de xullo, ás 22:30 horas, no escenario principal do festival.
Habelas Hainas son un exemplo do novo trad e folk galego, onde as mulleres van ocupando cada vez máis o papel protagonista que lles corresponde lexitimamente. A agrupación está formada por Arantza Alfaia (tamboril, bombo, darbuka e caixón flamenco), Jara Ortiz (voz, bombo, pandeireta, crótalos árabes), Patri Gamallo (gaita, adufes, guitarra) e Sandra Tamayo (acordeón, gaita e pandeiro).
O proxecto nace en 2010 cando Arantza Alfaia, Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamayo, cada unha delas cunha longa traxectoria no mundo da música tradicional, cruzan os seus camiños. Tras unha intensa traxectoria como músicas ao vivo, en 2017 presentaron “Livres e loucas”, o primeiro traballo discográfico deste grupo de música de raíz, realizado dende unha óptica feminista e socialmente comprometida, con son enérxico , fresco e orixinal.
Con esta última confirmación, o cartel do Festival Intercéltico do Morrazo que terá lugar en Moaña os días 25, 26 e 27 de xullo. Anxo Lorenzo subírase ao escenario principal do FIM o sábado 27 de xullo ás 22:00 horas mentres que a acordeonista Sharon Shannon pechará o evento tras a actuación do músico moañés.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL