• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

O encontro musical galego-portugués MUMI publica os horarios de parte da súa programación

O Festival MUMI consolida a Tui e a Valença como a ponte cultural de Galicia e Portugal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
02/08/2023

A feira das industrias musicais galega e portuguesa avanza o timeline da súa próxima edición, que terá lugar na Eurocidade Tui-Valença do 21 ao 24 de setembro, e desvela cales son as bandas escollidas dentro do acordo de colaboración que se inicia este ano coa Fira Mediterrània de Manresa, o mercado de referencia para as músicas que utilizan a raíz, a tradición e a cultura popular como motor creativo.

Grazas a este intercambio, a Fira recibirá na súa próxima edición en outubro a proposta musical de Caldo, que foi escollida entre as bandas participantes na anterior edición do MUMI dentro da alianza entre as dúas feiras, e grazas ao acordo de colaboración asinado entre a Fira e a Axencia Galega das Industrias Culturais que financiará a participación da banda galega. Caldo terá a oportunidade de realizar un showcase para presentar o seu novo disco “Lugar A Ponte" neste importante mercado onde se dan cita programadores de todo o mundo.

Másnoticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

21/07/2026
Más de ocho horas de música electrónica en uno de los mejores miradores de la ría de Vigo

Un evento gratuito convertirá una azotea de Vigo con vistas a las Cíes en el epicentro de la música electrónica

21/07/2026

“Lugar A Ponte”, publicado o pasado mes de maio, é unha proposta íntima, moderna e potente, chea de honestidade e de responsabilidade tanto coa tradición coma con elas mesmas. Con este traballo, Caldo abre paso e reivindica o seu espazo no panorama actual coma unha das agrupacións imprescindibles á hora de entender a renovación e posta en valor da música tradicional a través da experimentación sonora.

Neste segundo disco, Caldo incorpora lírica propia, textos coidados que asina Anaïs Barbier e que se fusionan naturalmente con outros aprendidos da tradición oral, reinterpretados desde unha ollada actual. En “Lugar A Ponte” todas as letras falan dun momento de cambio, dun vínculo, dunha perda ou dunha relación. Son, ao final, episodios vitais que conforman un álbum que narra, dalgún xeito, as sensacións dentro do fogar, ese lugar ou núcleo que se constrúe amodiño, da man da xente máis próxima e querida.

Este ano a Fira Mediterrània de Manresa vai acoller tamén a outras bandas galegas como Caamaño & Ameixeiras, que tamén e a súa proposta, dentro do Focus Galiza-Portugal que o mercado catalán ten programado neste edición.

Cancións de berce catalás

Na outra punta do intercambio, o MUMI vai contar na súa programación cunha proposta musical catalá seleccionada pola Fira. Trátase de Alba Careta & Henrio, un delicado proxecto no que a trompetista e cantante Alba Careta e o cantautor e produtor Henrio presentan unha viaxe onírica por varias cancións de berce catalás recollidas no cancioneiro popular de “Càntut, cançons de tradició oral”, onde se recompilan máis de 1.700 cancións e gravacións de cancións de tradición oral. Este proxecto nace da necesidade de recuperar as cancións utilizadas nos momentos máis tenros da crianza e que pasaron de xeración en xeración co obxectivo de acougar e durmir aos máis pequenos.

O concerto contará con algunhas das cancións de berce máis coñecidas en Cataluña como 'O noi da mare' ou 'Son son', pero tamén nos descubrirá melodías e letras únicas que, sen o traballo incansable de recompilación de cancións do cancioneiro popular de Càntut, caerían no esquecemento.

Este showcase súmase aos xa anunciados de Antía Muíño, Mondra, Anxo Araújo, Diego Alonso 5tet, Habelas Hainas, Lontreira, Moura e Xurxo Fernándes pola banda galega; e as propostas de Aníbal Zola, Expresso Transatlântico , María Monda, Maze, Retimbrar e Virgem Suta pola banda portuguesa.

Horarios do MUMI

Ademais deste novo showcase, o MUMI avanza o timeline da súa programación, que permitirá organizar a axenda de traballo a artistas, empresas e programadoras durante os catro días do mercado. Nas próximas semanas, a feira seguirá anunciando os detalles do seu programa de conferencias, palestras, speedmeetings e sesións de traballo conxunto, xunto a novas propostas musicais que serán convidadas a participar no encontro.

Continúan abertas as inscricións profesionais

As inscricións profesionais para o MUMI 2023 continuarán abertas a través da páxina web do evento sen ningún tipo de custe e ata a propia data do evento para facilitar a asistencia das persoas interesadas en manter sesións de traballo conxunto dentro do espazo destinado aos speedmettings ou encontros rápidos entre profesionais.

Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, responsables de programación, xornalistas e público xeral, daranse cita neste evento que quere converterse na feira musical de referencia do oeste peninsular e que ten como obxectivo crear novos mercados para as músicas galega e portuguesa, construír unha relación estable entre axentes e empresas de Galicia e Portugal; e destacar o talento creativo de proximidade ante programadores e técnicos de cultura de ámbolos dous países.

Temas: Eurocidade Tui-ValençamúsicaTuiValença
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri
Música

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica
Fiestas

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo

PorIván Dacal
21/07/2026
Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal
Qué hacer

Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal

Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura

PorIván Dacal
21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área
Qué hacer

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X