O elemento máis singular, enxebre e histórico do verdadeiro Entroido de Vigo comezará a quentar motores esta mesma fin de semana cunhas xornadas de divulgación centradas nas figuras dos entroidos, nomeadamente das máscaras. Será o preludio dun Entroido que este ano se celebrará na última semana de febreiro.
Este venres 17 e sábado 18 de xaneiro o Instituto Camões, situado na Praza de Almeida do Casco Vello, acollerá a celebración das terceiras Xornadas do Entroido centradas no patrimonio cultural e material dos diferentes personaxes do carnaval galego e portugués. Os asistentes poderán coñecer as súas orixes e características, así como traxes, máscara e fotografías cedidas polos conferenciantes. Tamén haberá un espazo especial para O Merdeiro vigués.
As xornadas organizadas pola Asociación Etnográfica A Merdeira comezarán o venres 17 ás 19:30 horas cunha palestra de Rita Blanco, que se achegará aos Felos de Maceda. O sábado 18 abrirase a sala de exposición ás 11:00 horas e, na quenda de tarde as ponencias tratarán sobre as Pantallas de Xinzo da Limia e os entroidos portugueses, nomeadamente o de Lazarím.
A figura do Merdeiro recuperárona hai xa unha década desde A Revolta e hoxe encárganse de manter e revitalizar a súa presenza na urbe galega a asociación creada ad hoc, A Merdeira. En 2009, a súa recuperación marcou un fito ao formar parte, por primeira vez, da programación oficial do Concello. Con todo, este particular personaxe escapa do papel institucional porque é, en si mesmo, un anárquico descarado.
É ademais un dos últimos representantes das máscaras de Entroido. A actual segue o deseño de Pancho Lapeña, que se inspirou nunhas fotos de 1924 e de estudos realizados por Risco e Xocas.
Pero O Merdeiro non é máis que a longa loita que caracteriza a esta terra. Representa a burla dos mariñeiros aos campesiños, os “ escabicheiros”, que acudían á cidade en busca de peixe podrecido para abonar os seus campos. Polo mesmo sentido ocupábanse tamén dos pozos negros.
Transgresores como poucos, atopan no Berbés e no Casco Vello o seu escenario ideal para volverse incontrolables e obscenos meténdose con todo aquel que se atopen ao seu camiño.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL
Boas,
"A figura do Merdeiro recuperárona hai xa unha década desde A Revolta e hoxe encárganse de manter e revitalizar a súa presenza na urbe galega a asociación creada ad hoc, A Merdeira."
Simplemente comentar que a "asociación etnográfica da Merdeira", está composta pola asociación de Veciños do Casco Vello e máis pola Asociación da Revolta.
Apertas