Igualdade entre homes e mulleres no mundo da maxia. Isto é o que avoga o espectáculo "A igualdade non ten truco" da compañía Magia en la manga que este venres, ás 19:30 horas, actuará no Teatro Municipal de Tui. Carlos Tomico Pérez e Sara Rodríguez Martínez conforman o elenco deste espectáculo de ilusionismo que busca promover a igualdade de xénero a través das vivencias de mulleres magas. Con diversión e maxia, “A igualdade non ten truco” transmite unha mensaxe esencial para a sociedade actual nunha función para todos os públicos.
A obra está recomendada a partir de 5 anos e ten unha duración de 60 minutos. As entradas están xa á venda en tui.gal aos prezos de 4 e 3 euros, este último coa tarifa reducida presentando o documento acreditativo de o carné xove, carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.
Segundo explica a compañía, "é certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas". "A igualdade non ten truco" é unha charla espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas, explican.
As magas antigas e modernas tiveron e aínda teñen que enfrontarse a unha realidade chea de estereotipos e prexuízos tanto por parte do público como dos seus compañeiros ilusionistas. Estes problemas non existen só no mundo da maxia, polo que tamén veremos como estas desigualdades se dan na vida cotiá de todas as mulleres e en moitas outras profesións.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL