As rúas de Ponteareas serán o escenario esta fin de semana dunha nova edición do seu Festival de Jazz. En total, seis grupos, que van dende o jazz máis puro a agrupacións de soul e blues, actuarán no municipio do Condado. Este ano, o marcado aceno feminino chega da man de Voodoo, Ejazz e Diana Tarín, que estarán no evento grazas á iniciativa da Asociación de Hostaleiros.
A cita desenvolverase entre o sábado 25 de agosto e o domingo 26 e estará dividida en catro escenarios co obxectivo de “achegar a cultura e a variedade musical a distintos espazos en espectáculos musicais de gran calidade” nas verbas da concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista.
A inauguración correrá a cargo do grupo Dous (Salvaterra de Miño – Nigrán) formado por Fernando Abreu e Pablo Carrera. Formado en 2001, o dúo presentou o pasado ano o seu terceiro traballo discográfico, “A viaxe de Yoyo”, marcado pola súa particular viaxe sonoro a través dos ritmos do planeta. O concerto de Dous, finalista en tres edicións do Martín Códax da Música na categoría de Músicas do Mundo, arrancará ás 12:30 horas do sábado na rúa Rogelio Groba.
Ás 22:00 horas, a Fonte do Baratillo será o escenario dunha formación clásica da man de Brais Sergio Gus Trío. Por último, a xornada rematará ás 23:00 horas no Paseo Matutino da man de Voodoo e Mr. River.
O dúo que forman Belém Tajes e Maritxiña é un dos grupos do momento. Chegarán a Ponteareas directmente dende o Festival Revenidas para achegar o seu soul, funk e blues á capital do Condado. Pola súa parte, os pontevedreses de Mr. River están capitaneados por Miguel del Río xunto a Santi Mar San e Marcos Corbacho. A banda nace da fusión de difernetes estilos como o jazz, o rock ou o funky, creando unha diversidade de composicións dando lugar a un estilo propio que denominaron como “river style” ou o que é o mesmo, son americano feito en Galicia.
O Festival de Jazz de Ponteareas finalizará o domingo co concerto 26 de agosto. A Praza Maior acollerá ás 22:00 horas o concerto de EJAZZ e Alberto Vilas Quartet & Diana Tarín. O pianista e compositor redondelán Alberto Vilas, gañador do Martín Códax da Música en 2017 polo seu traballo “Universo Lem” chegará na súa formación de cuarteto xunto a Diana Tarín, cantante e pianista cubana.
Beluso disfrutará de tres días seguidos de fiestas. Habrá tres grandes verbenas con cinco orquestas destacadas
Llega una de las celebraciones más emblemáticas de Valença, la Desfolhada Tradicional. Un viaje al pasado, que se celebrará entre este fin de semana
Redondela se transformará por Samaín y anuncia su programa de actividades. Una tarde de sustos y diversión el próximo 31 de octubre
O Son Do Camiño desvela otro de sus bombazos. Tras confirmar a Katy Perry como cabeza de cartel, ahora llega Linkin Park
Debido ao cambio climático agárdase que cada vez sexan máis frecuentes e de maior impacto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL