Tiña que ser o Festival Intercéltico do Morrazo. O festival invencible, o único evento folk de Galicia que se celebra de forma ininterrompida dende a súa primeira edición, xa ten datas oficiais. Unha das citas musicais más importantes do ano a nivel galego retorna á última fin de semana do mes de xullo.
A decisión que adoptou onte o comité organizador do Festival Intercéltico do Morrazo é festexar o evento musical durante as xornadas do 30 e 31 de xullo e o 1 de agosto “sempre e cando a situación sanitaria o permita”. A cita co mellor folk estará composta por un total de catro concertos, tres deles en sesión de noite e un, tal e como xa se fixo na última edición, terá lugar celebrarase o domingo en sesión de mediodía.
A organización do festival apostará de novo por un cartel do Intercéltico do Morrazo poboado por formacións galega na súa maioría. Esta nova edición do festival folk da vila morracense tamén será retransmitida en directo en streaming dado o éxito da experiencia iniciada o pasado ano, unha opción que permitiu á cita musical de Moaña ser accesible para todo o público que non puido gozar dos concertos de forma presencial, ademais de dotar ao evento dunha maior proxección internacional.
O Festival Intercéltico do Morrazo chega deste xeito á súa 37ª edición, sendo o único festival folk galego que se celebrou de forma ininterrompida dende a súa primeira edición. O coñecemento das datos oficiais do evento moañés permiten situar no calendario deste verán unha das grandes citas musicais do verán na área metropolitana. Outros festivais importantes a nivel cultural, como son o Festival de Cans e o Play-Doc, non volverán a súas datas orixinais e continuarán celebrándose no mes de setembro.
Covelo acogerá un maratón de cine y documentales de aquí a que acabe el año. Estas son todas las proyecciones que ofrecerá gratis
La Navidad llega a la frontera entre Galicia y Portugal con varios eventos top. Así serán sus decoraciones y encendidos esta semana
Un mercadillo solidario en favor de uno de los comedores sociales de Vigo. Ofrecerá productos artesanos y "buena energía"
La prueba será no competitiva y con inscripción gratuita, pero premiará a los que lleven los mejores disfraces de esta Navidad en Vigo
Mariscadoras, científicas y artistas unidas en un proyecto común: la búsqueda de un futuro sostenible para el marisqueo gallego
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL