O MUMI, o encontro profesional das músicas do Minho xa ten datas para a edición 2023. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, xornalistas e público xeral teñen unha nova cita na Eurocidade Valença-Tui do xoves 21 ao domingo 24 de setembro. Esta edición amplíase a catro días de música e encontros profesionais que terán lugar en localizacións emblemáticas de ambos municipios e que converterán de novo á Eurocidade nun polo de intercambio cultural e económico entre os dous países. A feira terá tamén programación aberta á cidadanía, nas prazas e rúas de Tui e Valença, onde se poderá gozar dalgunhas das propostas musicais que se presentarán este ano.
A principios de maio a organización anunciará a apertura do prazo para que profesionais e artistas podan inscribirse no encontro a través da web mumimusicas.eu. As propostas artísticas poderán candidatarse ata o 31 de maio, mentres que as inscricións para profesionais continuarán abertas até as datas de celebración do evento. En ámbolos dous casos, a participación será gratuíta.
O encontro profesional das músicas do Minho volve á Eurocidade Tui-Valença co obxectivo de seguir medrando e consolidarse como o mercado musical de referencia do oeste peninsular. A pasada edición a feira reuniu a máis de 200 profesionais durante tres días nos que se programaron vinte showcases, seis faladoiros, máis de 150 speedmeetings, e un festival con bandas transfronteirizas.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL