Este venres, 17 de agosto, a veciñanza de San Roque, en Ponteareas, viaxará trinta anos atrás para rescatar o tradicional xogo do “pau de sebo”, que supoñía un atractivo para toda a comarca que se achegaba ao barrio para ver a competición tanto na modalidade horizontal como vertical.
O tradicional xogo pon a proba o equilibrio dos participantes que, co obxectivo de chegar ao fin do pau, deberán camiñar por el sobre as augas do río. ¿Sinxelo? Non tanto se temos en conta que está untado con sebo. Porén, ademais, haberá tamén xogos populares para os máis pequenos como o xogo da ra, a petanca ou o xogo da corda.
A iniciativa parte da concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista co obxectivo de "recuperar a tradición das festas de San Roque", moi populares anos atrás. Todos e todas as que queiran participar deberán ter un mínimo de 16 anos e poderán inscribirse no propio momento.
A xornada festiva celebrarase na praia fluvial de San Roque e a programación arrancará ás 17:00 horas. Para fomentar a participación, entregaranse tres premios cun sabor tamén tradicional que rememora os entregados naqueles tempos. Un xamón para o gañador/gañadora, unha cesta de produtos de alimentación para o segundo posto e unha cesta de froitas para o terceiro clasificado.
Pola súa prte, a charanga Os Imperiais amenizará a xornada de tarde e o conxunto musical Arte porá música á noite de San Roque na que a veciñanza celebrará un xantar popular. As familias compartirán manta, colcha e mantel e tamén as delicias caseiras nunha cea na que lembrar vellos tempos. O Concello convidará aos presentes a rosquillas e haberá un posto no que mercar as bebidas.
Ya han presentado el programa completa de la Festa do Viño Tinto Rías Baixas. Un eventazo con festival, degustaciones, catas y mucho más
La organización de las Fiestas de Coia desvela todo lo que se podrá disfrutar desde este viernes en una de las grandes fiestas de Vigo
La Praza de Compostela de Vigo es ya el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de la Feria del Libro 2025
La isla de Ons acogerá una cita gastronómica para poner en valor un producto poco utilizada. También habrá música y visitas guiadas
Pontevedra acolle unha xuntanza do proxecto Edu-Ina, que reúne profesorado de seis universidades
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL