Cuarto día do festival Primavera do Cine no que as proxeccións concéntranse no auditorio do concello. Será a última oportunidade para poder ver os dous bloques de curtametraxes galegas en sección oficial: As moradías do vento (19:00 h.) e Denuncia do equilibrio (20:30 horas).
Posteriormente, en horario de 22:00 horas, proxéctase a longametraxe Liña de fuga, que será presentada pola súa directora, Marta Blanco. Un filme que comezou co encargo dunha peza audiovisual por parte dunha compañía de danza e rematou convertíndose nun proxecto de longametraxe no marco do Festival Linha de Fuga de Coimbra. A película participa na sección oficial de longametraxes sometida a un premio do público e outro do xurado.
Paralelamente ás proxeccións celebrarase, no Instituto Camões en horario de 19:00 h, unha master class impartida pola investigadora e cineasta Adriana Páramo titulada Análise sobre o informe CIMA GALICIA: A Representatividade e Representación das mulleres no Audiovisual Galego. Ficción 2020.
A participación na master class é gratuíta ata completar aforo. As inscricións formalízanse enviando un correo a [email protected].
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL