O Concello de Tomiño organiza a súa primeira edición do Día do Orgullo LGTBI. A iniciativa, que xorde ante a necesidade de visibilizar a homesexuais, bisexuais e transexuais no rural, celebrarse o sábado, 30 de xuño na contorna do Río da Pedra.
A xornada, iniciativa do Voluntariado de Tomiño, arrancará ás 11:30 horas cun modelo de celebración “lonxe do consumismo e lecer nocturno”, segundo apuntan dende o Concello, xa que busca celebralo “como unha vía de reivindicación de oportunidades”.
Polo tanto, será un encontro dirixido a todos os públicos que comezará ás 11:30 horas. A xornada contará con sesión vermú artesá e a actuación de Uxo Pousa e Gonzalo Álvarez, ao theremin e a danza, respectivamente.
Ao longo do día tamén se celebrarán conferencias, obradoiros, sesión DJ e actividades sorpresa. A actuación central chegará ás 16:00 horas co grupo coruñés Miss Lane & The Kryptonians, especializados en versionar temas de sobra coñecidos por todos en formato acústico. A festa do Orgullo de Tomiño pecharase sobre as 20:00 horas coa lectura do manifesto.
¿Pensando en ir al concierto de Abraham Mateo en Castrelos? Esto es todo lo que debes de saber para conseguir sus entradas en Vigo
Reputados científicos llegan al "cartel" de un potente festival de las Rías Baixas, así es el "Ondas e partículas" que estrena el Revenidas
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL