É xa un clásico do Entroido baixomiñoto. Cando as treboadas anuncian a chegada da troula, Goián prepárase tamén para outro habitual: o Festival Taíña.
A taíña é un peixe que vive nas augas do Miño e que cada Entroido remata protagonizando o seu propio enterro. Porén, tamén da nome a este festival que vai xa pola súa décimo sexta edición.
Desta vez, o festival contará con tres grupo de trap, punk folk e mesmo “monarko punk” nunha noite que rematará cunha sesión DJ de cumbia e tropical bass.
O festival arrancará ás 23:30 horas na Praza de Goián da man de “Flow do Toxo Rural”, un grupo formado por catro mulleres con clara conciencia feminista e, claro, amor polo rural.
O punk folk compostelán chegará da man de “Tecor Societario”, banda que mestura os sons tradicionais e os ritmos máis duros cunha gran posta en escena. Prometen altas doses de berros e bailes.
Pola súa parte, “O Puto Coro do Exercito Froilanista” chegará ao escenario de Goián co seu autoproclamado “monarko punk” con temas como “Peguei-me un tiro no pé” ou “Gora Froilán”. Defínense como a banda oficial do Partido Froilanista, cuxa Sagrada Misón é devolver a coroa ao Reino de Galiza e sentar a Froilán III no trono de granito.
https://www.youtube.com/watch?v=mXBc6XpgdJo
A noite rematará co DJ “Sapoconcho sem poncho” e a mellor selección de cumbia, balkan e tropical bass.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL