O cartel do SonRías Baixas 2019 xa está ao completo. O festival anunciou este mércores que o rapeiro sevillano Toteking e Ninhodelosrecaos DJ, identidade trala que se esconde o creador, cantante e guitarrista de La Pegatina, Rubén Sierra, súmanse á programación musical da nova edición do festival que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto e que congrega en Bueu a máis de 21.000 persoas para gozar con tres intensos días de concertos, coa boa gastronomía e coas imparables praias do Morrazo. O evento anuncia tamén o cartel por días e pon á venda na súa web oficial as entradas para cada noite de concertos por 25 euros máis gastos mentres que o abono para os tres días ten un custe de 41 euros sen contar os gastos. A acampada está incluída.
O SonRías Baixas camiña xa cara a súa décimo sétima edición, vai rumbo unha maioría de idade que se consolidou como un festival de referencia no país dentro da escena do rock español e da fusión mediterránea. A oferta musical deste ano incorpora novas voces e ritmos. Serán tres xornadas de concertos, con dezanove bandas que van dende a historia viva da música deste país ata as novas descubertas e que se distribuirán en tres escenarios: Super Bock, Fest Galicia e Regala Música.
As persoas que se acheguen a primeira fin de semana de agosto ata o festival de Bueu, escoitarán sete linguas, vibrarán con catro mulleres de armas tomar e bailarán estilos tan diferentes como o rock, reggae, rumba, ska, blues, country, funky, metal, hardcore, punk, hip hop, trip hop, rap, trap, folk-rock, pop-rock, latina, electrónica ou dancehall. Todos estes estilos combínanse nunha contorna privilexiada, con fácil acceso á praia urbana e a todos os servizos dos que dispón Bueu. A organización destaca que “o SonRías Baixas é como e seguro como primeiro festival para a xente moi nova”.
La isla de Ons acogerá una cita gastronómica para poner en valor un producto poco utilizada. También habrá música y visitas guiadas
Los vecinos y vecinas de Mos ya pueden disfrutar de un refrescante baño en su piscina al aire libre situada en San Eleuterio, en Tameiga
El espacio ShowRocking acogerá más de 30 chefs, con 18 Estrellas Michelin, 2 Estrellas Verdes y 2 Bib Gourmand
Baiona se prepara para una de las fiestas más esperadas del año. Sus Gigantes y Cabezudos volverán a recorrer el Casco Vello
Pontevedra acolle unha xuntanza do proxecto Edu-Ina, que reúne profesorado de seis universidades
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL