A asociación Ghorghalado Cultura e Patrimonio organiza en colaboración co Concello a segunda edición das Xornadas de Cinema do Rosal, unha iniciativa que pretende achegar ao público unha oferta cinematográfica que non se atopa nos circuítos habituais. Os xardíns da casa rural Abadía das Eiras acollerá a proxección dunha selección de curtametraxes e documentais "que satisfarán aos espectadores e espectadoras máis esixentes", segundo destacan dende o Concello.
Como novidade, nesta segunda edición celébrase o 1º Certame de Videoclips Xuvenís. As xornadas ábrense coa proxección dunha selección dos traballos presentados e tralos videoclips, o público poderá desfrutar de cinco curtas e un documental: "Siempre a mano", "Las muelas del cuco", "Momentos", "La inquilina", "A última noite co Tonio" e "Patrimonio habitado".
O venres 29, o público asistente poderá gozar das curtas: "¿Viejos?", "O que queda", "Dúas opcións", "Casa bonita", "Mama", "Fantasmas", e do documental galego "Afranio", na que o actor Luis Tosar encarna ao señor Afranio nunha peza baseada na obra autobiográfica do mesmo.
As xornadas rematarán o sábado 30 de xullo coa proxección de catro curtas seleccionadas "Fils Trencats", "Cocodrilo", "Casa bonita" e "Lurna". Ademais, dun documental galego, "Negro púrpura", un retrato da Galicia do século XX a través dun fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da cultura e a economía da época.
Todas as proxeccións son de balde e ao aire libre e serán a partir das 22.00 horas. A alcaldesa Ánxela Fernández Callís, convida “a toda a veciñanza a desfrutar desta gran festa do cine” e agradece á asociación Ghorghalado o seu compromiso e esforzo por esta iniciativa.
Vuelve a la vida la Villa Romana de Toralla con espectaculares teatralizaciones este verano. Vigo disfrutará de bodas, gladiadores y mucho más
O Marisquiño convertirá Samil del 8 al 10 de agosto en un gran festival de música urbana y además totalmente gratuito
La excursión que organiza el Concello de Nigrán al parque acuático del norte de Portugal será el sábado 12 de julio
Vigo disfrutará de 8 conciertos totalmente gratis en Villa Solita. Un escenario mágico para disfrutar de música viguesa al atardecer
Pontevedra acolle unha xuntanza do proxecto Edu-Ina, que reúne profesorado de seis universidades
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL