Vigo desfruta xa da súa décimo sétima Festa do Marisco que se celebrará no porto pesqueiro da cidade até o domingo. Aínda que arrancou na tarde deste xoves, foi este venres cando se celebrou a apertura oficial da man de Xosé A. Touriñán, o pregoeiro desta edición.
Pódeche interesar: Prezos, horarios e programación da Festa do Marisco de Vigo
O humorista coruñés destacou que “normalmente celébranse festas do marisco por separado, pero esta é a macrofesta con todo xunto, a lo grande”. O cómico comezou o seu pregón agradecendo “a xente que vai ao percebe, ao mexillón, ao berberecho… a xente que traballa no mar” o seu esforzo que permite que se poida desfrutar dunha cita gastronómica como esta.
“As mellores festas de Nadal non o sei, pero á do marisco pódenlle dar mil voltas os de Nova York que non a van facer”, bromeu para, a continuación, explicar o motivo de que o marisco de Vigo sexa “moi bo”.
“En 1702 houbo unha batalla na ponte de Rande -por onde agora ides as praias de Cangas- e afundiron os barcos cargados de ouro. Agora, todas esas nécoras e mexillóns das bateas, os chocos de Redondela…. comen ese ouro”, explicou o cómico. “Os canarios son da cor que son por picar no oso do choco”, aseverou.
O pregón deste 2019 rematou co cómico pedindo que se desfrute de todos os produtos. “Moi importante non pasarse co ácido úrico… o resto do ano, esta fin de semana mandádelle duro xa lle daremos ás pastillas o luns e martes”.
O acto de apertura contou tamén coa presenza das institución patrocinadoras do evento, co alcalde de Vigo, Abel Caballero, o delegado da Zona Franca, David Regades, a delegada da Xunta en Galicia, Corina Porro, e o presidente do Porto de Vigo, Enrique López Veiga.
A festa do Marisco de Vigo prolongarase até o domingo cunha ampla variedade de produtos do mar que este ano suman oferta de cocina estranxeira, neste caso xaponesa. Podes consultar os presos e programa oficial facendo clic aquí.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL