SinSal SON Estrella Galicia celebra este ano o cambio estacional festexando a riqueza dos sons e presentando unha selección dos mesmos ao público en espazos singulares. O evento esténdese este ano aos días 6 e 7 de outubro aos barrios de Alcabre e Bouzas, en Vigo, cun programa de concertos e actividades que se desenvolverá no Museo do Mar de Galicia e nos estaleiros de Freire e Cardama.
Dúas xornadas e dous espazos diferenciados, un institucional con titularidade da Xunta de Galicia, e outro empresarial-privado, para un programa que discorre por sons de Galicia, Brasil, Islandia, Taiwan ou Andalucía e que permite adiviñar un forte abrazo entre o tradicional e a experimentación. Cun aforo limitado a catrocentas persoas, o evento outonal conta cunha parte da programación de acceso libre o sábado 6 de outubro.
É do teu interese: Sinsal, o festival exemplar cun escenario máxico como San Simón
Desde as 13:00 horas e até as 18:00, o público pode participar de maneira gratuíta de diferentes actividades didácticas e concertos nos xardíns e no interior do Museo do Mar de Galicia. Tamén está prevista pola organización do festival unha selección gastronómica con bo produto a prezos razoables. A partir das 18:00 comezarán os concertos de pagamento. O domingo 7 ás 13:00 celebraranse dous concertos en dous estaleiros: Astilleros Cardama e Freire, ambos na avenida de Beiramar no barrio de Bouzas.
Se no mes de xullo, SinSal SON Estrella Galicia converte a illa de San Simón na súa cabeza de cartel, en outubro a marca continúa ligada ao patrimonio do mar. Desta volta en dúas instalacións emblémáticas como o Museo do Mar de Galicia, deseñado nos primeiros noventa por Aldo Rossi e César Portela no solar do antigo matadoiro da parroquia viguesa de Alcabre, e os estaleiros Freire e Cardama, a fachada industrial da vila de Bouzas, que se converte en escenario musical o domingo 7.
Nuns días, programa completo e entradas á venda. O evento conta co patrocinio de SON Estrella Galicia e Grupo Viqueira así como do Museo do Mar de Galicia e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta. Colaboran Construcciones Navales Paulio Freire e Cardama Shipyard.
Una de las grandes fiestas de pre fin de año de Galicia promete nueve horas de música con orquestas top y seis djs. Así es "O Pepotazo"
La sucesora del mítico Pinchorriño arranca con enorme asistencia de público un mes de tapeo por apenas 1,50 euros por pincho en O Porriño
Galicia acoge diferentes fiestas gastronómicas en estas primeras semanas de noviembre. ¡Descúbrelas todas aquí y anótalas!
O Porriño ha desvelado cuáles son los locales participantes en la ruta de pinchos y tapas "D-Gusta Porriño". ¡Estas son sus propuestas!
A homenaxeada é enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL