Vigo acollerá esta fin de semana unha nova edición do Sinsal Primavera. Angélica Salvi, Ece Canli, Superorganismus, proxecto musical de Tramontana e Luz González, e Ivankovà conforman o cartel das sesións que terán lugar os días 19 e 20 de maio no MARCO de Vigo. Como novidade, a programación extenderase a un dos principais recintos de música ao vivo da localidade, a Sala Radar, que acollerá o concerto da portuguesa Ana Lua Caiano na noite do sábado 20.
Sinsal Primavera propón visualizar propostas musicais singulares e únicas, vinculadas á experimentación e á creación contemporánea. O evento, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, e co apoio do MARCO, do Instituto Camões e da Sala Radar, ofrecerá esta fin de semana unha programación conformada por cinco proxectos de vangarda liderados por seis bandas ou solistas chegadas de distintos puntos de España, Portugal, Suíza e Turquía.
As entradas do Sinsal Primavera están á venda na plataforma web Enterticket e o prezo da entrada anticipada para cada xornada no MARCO é de 15 euros, agás no caso dos billetes para as e os menores de 10 anos, cuxo acceso será gratuíto. Todas as persoas que posúan entrada para algún dos concertos do MARCO, poderán asistir de forma gratuíta aos concertos da Sala Radar nas noites do venres 19 ás 22:45 horas e do sábado 20 ás 23:00 horas. As entradas para estes directos tamén están dispoñibles por 8 euros anticipada e 10 euros na billeteira.
Por outra banda, Sinsalaudio lembra que aínda é posible adquirir algunha das últimas entradas dispoñibles para poder asistir o venres á nova edición do Festival Sinsal 2023, que se celebrará do 21 ao 23 de xullo na illa de San Simón. Tanto os abonos como as entradas do sábado 22 e domingo 23 esgotáronse ás poucas horas da súa saída á venda, tanto desde o embarcadoiro de Vigo coma desde Meirande.
Nos vindeiros días anunciarase a programación de actividades paralelas que terá lugar, de xeito gratuíto, durante a celebración do evento musical, e que inclúe tanto diferentes paseos para descubrir patrimonio natural e histórico da illa, coma outras iniciativas para afondar no coñecemento da cultura musical e de vangarda.
Medinukai Ensemble ofrece a última hora de este viernes un concierto gratuito en una de las joyas del románico de Tomiño
Vuelven unas de las rutas más espectaculares del área de Vigo. Los Molinos de Folón y de Picón volverán a acoger visitas guiadas gratis
A Guarda ya se prepara para celebrar una de sus grandes citas gastronómicas. La Festa do Peixe Espada regresa con una nueva edición
Tres grandes verbenas con tres de las mejores orquestas de España, fuegos artificiales, magia y espectáculos. Así es esta fiesta en Ourense
Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL