• Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • Hito en el Cunqueiro
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Conciertos Peregrina
  • Castrelos
  • Rutas barco Rías Baixas
  • Fiestas de Bouzas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

O Sinsal Primavera trae a Vigo cinco concertos "singulares e únicos" liderados por mulleres

O Sinsal Primavera trae a Vigo cinco concertos "singulares e únicos" liderados por mulleres
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
13/04/2023

O primeiro evento de Sinsalaudio deste ano en Vigo celebrarase no mes de maio: Sinsal Primavera terá lugar na fin de semana do venres 19 e sábado 20 de maio. O evento, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, ademais do apoio do MARCO, do Instituto Camões e da Sala Radar, contará este ano cunha programación conformada por cinco proxectos de vangarda, de e liderados por mulleres, chegadas de distintos puntos da Península Ibérica, Suíza e Turquía.

Sinsal Primavera propón visualizar propostas singulares e únicas, vinculadas á experimentación e á creación contemporánea, de difícil clasificación e, por tanto, pouco habituais na programación dirixida ao público xeral. Así, Angélica Salvi, Ece Canli, Superorganismus -proxecto musical de Tramontana e Luz González-, Ivankovà e Ana Lúa Caiano conforman o cartel desta edición, que se celebrará os días 19 e 20 de maio no MARCO de Vigo. Como novidade, ademais, este ano a programación extenderase a unha das principais recintos de música ao vivo da cidade, a Sala Radar, que acollerá o concerto da portuguesa Ana Lúa Caiano na noite do sábado 20.

Másnoticias

Más de ocho horas de música electrónica en uno de los mejores miradores de la ría de Vigo

Un evento gratuito convertirá una azotea de Vigo con vistas a las Cíes en el epicentro de la música electrónica

21/07/2026
Cócteles, tapas exclusivas y conciertos, descubre el nuevo festival gastronómico que nace en Nigrán

Cócteles, tapas exclusivas y conciertos, descubre el nuevo festival gastronómico que nace en Nigrán

20/07/2026

As entradas do Sinsal Primavera 2023 están á venda, desde hoxe mesmo, na plataforma web de Enterticket e desde a páxina web do festival. O prezo da entrada anticipada para cada xornada no MARCO é de 15 euros, agás no caso dos billetes para as e os menores de 10 anos, cuxo acceso será gratuíto. No caso das persoas que posúan unha entrada para os concertos do MARCO, poderán asistir de balde ao concerto da Sala Radar na noite do sábado 20, as entradas para este directo tamén están dispoñibles en Enterticket por 8 euros anticipada e 10 euros na billeteira.

O Sinsal Primavera é a primeira cita do ano de Sinsalaudio, que suma á xa anunciada nova edición do Festival Sinsal SON Estrella Galicia, que se celebrará na illa de San Simón do 21 ao 23 de xullo. As entradas para o festival sairán á venda proximamente.

Programación

O venres 19 ás 20:30 horas tendrá lugar a actuación da primeira artista no MARCO. Angélica Salvi é unha arpista española que reside en Porto (Portugal) desde o 2011. Dedícase á improvisación dentro da música contemporánea e da electroacústica, explorando varias técnicas de preparación e amplificación do instrumento na procura de novos timbres e sonoridades. A arpista convida ao público a mergullarse nas súas vivencias emocionais e espirituais, empregando as mesmas para escribir o guión dun soño.

Seguirá na mesma ubicación, ás 21:30 horas, a música, artista e investigadora, Ece Canli. Naceu en Turquia e reside en Porto (Portugal). Na súa práctica artística e vocal explora o estado liminal dos corpos agonizantes e demonizados, a desvinculación corporal e mental, e as expresións extralingüísticas por medio de técnicas vocais extendidas. Colaborou con varios artistas, músicos e coreógrafos a nivel internacional e creou bandas sonoras para performances ou exposicións.

Xa o sábado 20, ás 20:30 horas tamén no museo vigués, actuarán Tramontana e Luz González que crean Superorganismus, unha peza electroacústica para flauta, viola, arpa e electrónica ao vivo. A proposta agroma coa intención de xerar música de forma cooperativa e horizontal. Aínda que as catro músicas sexan independentes, a electrónica de Luz González pode modificar o son de Tramontana, mais os instrumentos acústicos son a raíz sonora dun superorganismo que o público percibirá coma un todo.

Despois será a quenda de desfrutar de Ivankovà, o proxecto en solitario da artista e compositora madrileña Irene de la Cueva. As súas creacións agroman a través de estruturas repetitivas que se converten en mantras deseñados para xerar atmósferas determinadas e convidar así ao público a transitar por paisaxes nas que os sintetizadores, a voz e os sons electrónicos xerados a partir da transformación de sons orgánicos son protagonistas.

Rematará este Sinsal Primavera na Sala Radar ás 23:00 horas a cantante, compositora e artista multidisciplinar Ana Lúa Caiano. Ela converte constantemente a experiencia en creatividade e explora a fusión do folclore portugués co música electrónica e sons cotiáns. Nos seus director, parte de bases sinxelas para construír marcos rítmicos usando beatbox, palmas, tambores e maracas, nas que superón texturas de teclado, sons ambientais e a propia súa voz.

Temas: músicamúsica en VigoSinSal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Una popular fiesta gastronómica del área de Vigo servirá más de 2.000 kilos de churrasco en un día
Qué hacer

Una popular fiesta gastronómica del área de Vigo servirá más de 2.000 kilos de churrasco en un día

Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España
Qué hacer

Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España

Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha
Qué hacer

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

"Vigo no será la ciudad del prohibido divertirse", acuerdo para poner una nueva fecha al festival cancelado el pasado sábado

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Más de ocho horas de música electrónica en uno de los mejores miradores de la ría de Vigo
Música

Un evento gratuito convertirá una azotea de Vigo con vistas a las Cíes en el epicentro de la música electrónica

Uno de los espacios con vistas más privilegiadas de todo Vigo acogerá un evento único. Música, brunch y after, totalmente gratis

PorSara Rodríguez
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X