• Rodaje serie Vigo
  • Uber Vigo
  • Despedida restaurante Vigo
  • Entradas The Black Keys
  • Diseño rampas Vigo
  • Tuna en Vigo
  • Fiesta brasileña Vigo
  • Barbacoa coreana Vigo
  • Radares Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Música

O SonRías Baixas inicia seis noites "de directos enérxicos, divertidos e contundentes"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
03/08/2021

Este martes comeza unha nova edición do SonRías Baixas, unha das citas musicais imprescindibles do verán en Galicia e que, ao longo de seis noites, encherá de enerxía, diversión e contundencia o Recinto Multiusos da Estacada de Bueu (Pontevedra). Kase.O, Sés, La M.O.D.A., La Pegatina, Travis Birds, Muerdo, TéCanela, Sabela, ISEO & Dodosound, Ciudad Jara, Tu Otra Bonita e SonDaRúa conforman o cartel deste 2021, no que o festival se adapta ao contexto sociosanitario e se transforma nun ciclo de concertos, con dous directos por xornada ateigados do espírito SonRías.

A península do Morrazo acollerá, do 3 ao 8 de agosto, seis sesións nocturnas de música ao vivo, e que inclúe a única cita de gran formato deste verán no territorio galego do mítico MC Kase.O, quen celebrará o décimo aniversario do seu proxecto Jazz Magnetism; pero tamén de figuras como Travis Birds ou Muerdo, da banda Tu Otra Bonita ou mesmo da troupe catalá La Pegatina. O ciclo tamén será o escenario da estrea en Galicia de Ciudad Jara, o novo proxecto musical liderado por Pablo Sánchez (cantante e compositor de La Raíz).

Másnoticias

Hacen una barbacoa en mitad de una de las playas más famosas de las Rías Baixas: "Una barbaridad"

10/07/2025
iStock

Un ciclista resulta herido grave tras ser atropellado por un coche en Cangas

10/07/2025

SonRías Baixas 2021 comezará este martes e contará co protagonismo da cantareira Sés e do dúo TéCanela, que abrirán unha programación musical rebordante de dinamismo e vitalidade. Contra ás 21.00 horas, o dúo conformado por Ariadna Rubio e Jano Fernández amosará sobre o Escenario Xacobeo 21-22 o optimismo, ironía e crítica social tan presentes da súa obra. Unha carta de presentación, acompañada dunha singular mestura de ritmos, coa que darán conta da súa posición no marco da nova canción de autor/a. De seguido, sobre as 22.30 horas, será a quenda de Sés, quen presentará en Bueu o seu último traballo, Liberar as arterias, un disco crú e directo no que a cantareira advirte da carraxe e da necesidade de afrontar, con valentía, as inxustizas. A loita e a reacción fían un relato no que a compositora rende homenaxe á poeta Luz Fandiño.

Aínda quedan entradas dispoñibles para gozar da sesión inaugural deste martes, ao igual que para as xornadas do mércores 4 (Ciudad Jara e Tu Otra Bonita) e do xoves 5 (Travis Birds e Iseo & Dodosound). Pola contra, as entradas para os directos de La M.O.D.A e Sabela (venres 6) e de Kase.O e SonDaRúa (sábado 7) xa están esgotadas desde hai días. Con todo, as e os entusiastas da música ao vivo do Morrazo terán o domingo 8 unha bóla extra: aínda quedan entradas dispoñibles para gozar dos novos espectáculos de dous vellos coñecidos do festival, Muerdo e La Pegatina. Precisamente esta última é unha das bandas máis queridas polo público do SonRías, ademais dun dos grandes reclamos desta edición.

Protocolo Covid19

O ciclo, que cumpre en todo momento a normativa sociosanitaria vixente en Galicia, conta cun protocolo Covid19 propio coordinado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), o que garante a seguridade do público durante a súa celebración.

O Recinto Multiusos da Estacada de Bueu estará dividido en sectores, con equipamentos independentes en cada zona, e con circuítos de percorridos sinalizados para facilitar o tránsito e garantir as distancias de seguridade. O recinto contará con tres zonas diferenciadas, en función do prezo da entradas (29, 26 ou 23 euros, segundo a distancia co Escenario Xacobeo 21-22); e cada unha delas estará dividida, a súa vez, en sectores que contarán con servizos independentes (aseos, barra, zona de recarga da pulseira cashless e punto de merchandising). Estes espazos terán unha capacidade máxima de 500 persoas.

Os accesos ao recinto estarán regulados e debidamente indicados. Todas aquelas persoas que teñan entrada recibiron onte, precisamente, un correo electrónico da organización do SonRías Baxias coas indicacións pertinentes sobre como acceder as súas localidades, horarios recomendados e outros consellos, información que tamén se pode consultar, desde esta fin de semana, no sitio web (premer aquí).

Todo o recinto contará con sinalización específica e o persoal da organización acompañará ao público desde a súa chegada até os seus respectivos sectores; momento no que ofrecerán a posibilidade de obter, gratuitamente, as pulseiras cashless, o único sistema de pago válido no interior do recinto; para evitar así novamente contactos innecesarios. O público poderá recargar o seu saldo desde os seus dispositivos móbiles ou mediante uns innovadores tótems distribuídos ao longo do recinto; ainda que en cada sector existirán tamén puntos de recarga das pulseiras.

Temas: BueuO MorrazoRíasBaixasFestsSonRías Baixas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Batucada (Foto: Freepik)
Qué hacer

Vigo se prepara para su primera gran fiesta brasileña con conciertos, batucada y este completo menú

Música, batucada, juegos y comida típica del país. Así va ser la gran fiesta brasileña que se celebrará en Vigo el próximo fin de semana

PorIván Dacal
14/07/2025
Qué hacer

Guía para comprar las esperadas entradas del concierto de The Black Keys en Castrelos

¿Pensando en ir al concierto de The Black Keys en Castrelos? Así puedes comprar las entradas para su concierto en Vigo

PorIván Dacal
14/07/2025
Fiestas

Cambados calienta los fogones para celebrar durante cuatro días su gran Festa da Vieira

Una nueva fiesta gastronómica llega a Cambados para conquistar los paladares de los más exigentes con sus vieiras

PorShelly Villaverde
14/07/2025
Foto de archivo del Reggaeton Beach Festival de Nigrán.
Qué hacer

El Reggaeton Beach Festival de Nigrán desvela los horarios y el tiempo de sus conciertos

¿A qué hora actúan Justin Quiles o Bryant Myers? Estos son los horarios de los conciertos del Reggaeton Beach Festival de Nigrán

PorIván Dacal
14/07/2025
Enfoque

Del mar al microscopio, tecnología puntera en Vigo para entender qué pasa en el océano

PorMetropolitano
14/07/2025

Investigadores estudian en Vigo cómo las olas de calor marinas afectan al equilibro de los ecosistemas oceánicos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

16jul19:30Verbenas na Caridade con Orquestina en Vigo

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X