• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Música

O SonRías Baixas volve como ciclo de concertos: Sés, Kase.O, Sabela ou La Pegatina, no cartel

O SonRías Baixas volve como ciclo de concertos: Sés, Kase.O, Sabela ou La Pegatina, no cartel
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
20/05/2021

O SonRías Baixas 2021 xa ten cartel e data de celebración. Este verán, do 3 ao 8 de agosto, Bueu converterase no escenario que acollerá a cita coa música ao vivo máis enérxica, divertida e festiva do panorama musical actual en Galicia. Kase.O, Sés, La M.O.D.A., La Pegatina, Travis Birds, Muerdo, TéCanela, Sabela, ISEO & Dodosound, Ciudad Jara, Tu Otra Bonita e SonDaRúa conformarán o singular cartel dun SonRías que se transforma nun ciclo de concertos e que dobra a súa duración, pasando de tres a seis noites de música en directo.

A proposta de programación desta serie de actuacións, que propón a promotora PlayPlan, xurde como resposta aos retos que tanto o contexto sociosanitario actual como o cumprimento da normativa vixente de prevención da COVID19 plantean. Así, a dirección do SonRías Baixas, logo de explorar e analizar diversas posibilidades, optou finalmente por adiar a edición de 2020 para o verán de 2022 e, no seu lugar, ofrecer un ciclo de concertos impregnado polo espírito SonRías.

Másnoticias

La feria "non stock" en O Morrazo trae 'chollos' de hasta el 70% de descuento

"Primeras marcas a precios de ganga", llega a O Morrazo el outlet del verano con rebajas del 70%

19/07/2026
El mar de ardora ilumina las playas de las Rías Baixas, ¿cómo predecir cuándo se podrá ver?

El mar de ardora ilumina las playas de las Rías Baixas, ¿cómo predecir cuándo se podrá ver?

18/07/2026

Deste xeito, SonRías Baixas dobrará a súa aposta pola celebración de eventos ao vivo e ampliará a duración da programación do SonRías Baixas, que pasará de ter tres a un total de seis xornadas de concertos. Estea opción permite a PlayPlan programar dous actuacións ao día e ofrecer unha experiencia festivaleira que garanta a seguridade de público e artistas no contexto sociosanitario actual; ademais de favorecer o coñecemento do Destino SonRías, no que as e os asistentes poderán explorar as espectaculares paisaxes e praias da contorna, degustar a gastronomía da zona ou mesmo navegar pola ría.

El público del SonRías Baixas 2018 // ÓSCAR CORRAL

Programación

SonRías Baixas regresa aos escenarios cunha proposta coidada, rebordante de dinamismo e vitalidade, na que destaca a actuación do mítico Kase.O, na que recupera o seu aclamado proxecto Jazz Magnetism. Xunto ao rapeiro, grupos como La Pegatina, Ciudad Jara, ISEO & Dodosound, Travis Birds e Muerdo tamén ofrecerán en Bueu o seu único directo de gran formato en Galicia este verán.

Os concertos do ciclo SonRías Baixas 2021 terán lugar en horario nocturno. A xornada inaugural, o martes 3 de agosto, contará coa música e cantareira Sés, que regresará aos escenarios galegos para presentar o seu último disco, Liberar as arterias. Previamente, o dúo TéCanela avanzará, co dinamismo e bo rollo que caracteriza a Ariadna Rubio e Jano Fernández, algúns temas do seu vindeiro traballo discográfico. O mércores 4 de agosto será a quenda de Ciudad Jara, na primeira actuación que o novo proxecto de Pablo Sánchez -líder e compositor de La Raíz- fará en Galicia, e Tu Otra Bonita, que se suma por vez primeira ao cartel do SonRías para dar a coñecer o seu cuarto álbum, Crema.

Ao día seguinte, o xoves 5, ISEO & Dodosound, revisarán acompañados de The MouseHunters algúns dos seus éxitos e darán a coñocer algúns cortes inéditos do álbum que publicarán proximamente; mentres que a música e compositora Travis Birds presentará por vez primeira nas Rías Baixas o seu segundo e aclamado álbum, La Costa de los Mosquitos.

Xa de cara á fin de semana, o ciclo arrancará o venres 6 coa actuación de Sabela. A cantante, quen no 2019 non dubidou en subir ao escenario do SonRías para actuar con La Pegatina, dará a coñecer o seu álbum debut, Despedida. A noite pecharase con La M.O.D.A., que regresan ao SonRías dous anos despois para presentar Ninguna ola, un álbum ateigado de vida e producido por Raül Refree co que se consolidan como unha das bandas de referencia no panorama musical estatal.

O sábado 7 será o día grande do festival e terá o rap como protagonista. O mítico Kase.O subirá ao escenario do SonRías co seu Jazz Magnetism, disco do que se celebra este 2021 o seu 10º aniversario e cuxo espectáculo é un dos máis aclamados da historia da música do rap hispano. A noite completarase co Eterno Combate do grupo de rap galego SonDaRúa, que tamén se estrea no cartel do SonRías Baixas.

O peche deste edición terá lugar o domingo 8 de agosto da man de dúas bandas que xa pasaron por Bueu en anteriores edicións do SonRías Baixas, con grande acollida entre o público, e que achegarán unha proposta divertida e festiva: Muerdo e La Pegatina, unha das bandas máis queridas polo público do festival. Con elas, que presentan os seus novos directos, a festa final no SonRías Baixas 2021 está garantida.

Venda de entradas

As entradas para gozar do SonRías Baixas 2021 sairán á venda o vindeiro luns 24, ás 10.00 horas, e os tickets unicamente poderanse adquirir a través da web oficial do festival (premer aquí), e da plataforma dixital www.enterticket.es. O equipo do SonRías establecerá, nesta ocasión, tres tramos diferenciados de prezos en función da disposición dos asentos preasignados no recinto, e cada un destes tramos corresponderase, fisicamente, cun espazo organizado con cadanseu equipamento e protocolo de seguridade de prevención da covid-19. O prezo das entradas serán de 23€, 26€ e 29€ segundo a relación de proximidade co escenario.

O equipo do SonRías vén de comunicar, mediante correo electrónico, ás persoas que dispoñen das entradas da 18ª edición -cuxo aprazamento por mor do contexto sociosanitario se anunciou en maio de 2020- que, en agradecemento pola súa confianza e compromiso co festival, terán prioridade na prevenda de tickets para o ciclo de concertos. Este prazo exclusivo para compradores activarase ás 18.00 horas do domingo 23 e finalizará ás 10.00 horas do luns 24. Ademais, como novidade, as persoas que dispoñan de entradas do festival de 2020 terán a posibilidade de transformar a súa entrada en saldo para poder adquirir entradas para os concertos do ciclo. Unha vez remate este período de prevenda exclusivo, as persoas que desexen transformar a súa entrada en crédito para mercar entradas para o verán de 2021 poderán facelo mentres a venda estea activa.

De cara a facilitar este proceso ou solventar calquera dúbida, na páxina web www.sonriasbaixas.info, na sección de preguntas frecuentes, específicanse os pasos que se deben dar para acometer esta acción. Porén, as persoas que prefiran gardar as súas entradas do 18º SonRías Baixas para a vindeira edicición do festival, no verán de 2022, poderán facelo sen problema. Neste caso, non terán que realizar ningún tipo de xestión nin comunicación previa; mais no caso das persoas que desexen solicitar a devolución das entradas, deberán facelo nos prazos legais indicados na web do festival.

Unha vez remate este período de venda prioritaria para o público habitual do SonRías Baixas, a organización activará a venda de entradas restantes para a poboación. Así, a partir das 10.00 horas do luns 24, as persoas que desexen asistir a calquera das xornadas do ciclo SonRías Baixas 2021 poderán reservar os seus asentos na páxina web oficial do evento, www.sonriasbaixas.info.

Este ano SonRías Baixas tamén activará a venda de entradas para menores de 12 anos acompañados dunha persoa adulta responsable. O equipo de SonRías habilitará asentos preasignados específicos para menores de entre 0 e 12 anos, inclusive, co obxectivo de favorecer tanto a asistencia ao ciclo de concertos en familia como para expandir a escoita de diferentes estilos musicais entre as máis pequenas e pequenos da casa. Para isto, á hora da venda de entradas, haberá a posibilidade de seleccionar este tipo de ticket, que terá un prezo de 10 euros máis gastos de xestión. Na web de www.sonriasbaixas.info habilitarase a descarga do documento de autorización, que se deberá presentar no momento da entrada ao recinto xunto á entrada.

 

Temas: BueuFestival SonRías Baixasfestivales de músicafestivales de música en GaliciaO MorrazoRíasBaixasFestsSonRías Baixas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri
Música

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica
Fiestas

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo

PorIván Dacal
21/07/2026
Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal
Qué hacer

Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal

Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura

PorIván Dacal
21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área
Qué hacer

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X