Despois de máis de cinco meses de portas pechadas, a sala viguesa Ártika volverá reabrir as súas portas este mes de setembro, e o fará cun novo ciclo de teatro da man dalgunhas das mellores compañías da escena galega.
Baixo a premisa de “un pouco de comedia para estes tempos confusos”, os responsables da sala, Fernanda Barrio e Marcos Alonso, decidiron retomar a actividade “con moita forza e moitas ganas”.
O I Festival Comediártiko será o punto de partida da nova programación. Talia Teatro, Chevere, Mofa e Befa e as compañías viguesas Teatro Avento Producións e Enconarte Producións son as encargadas de facer que o público encha de risas o teatro.
Talia Teatro abrirá este festival co seu espectáculo familiar “Voa Voa”. Un show creado para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras. O público poderá desfrutar desta proposta o sábado 5 de setembro ás 18:00 horas e o domingo 6 ás 12:00 e ás 18:00 horas.
A segunda fin de semana de setembro a compañía Chévere, premio nacional de teatro, estrea o seu espectáculo “As fillas bravas e o mito de Casandra”. Nesta nova obra, as Fillas Bravas, tres pandereitas do lugar de Momán, usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para a sensibilización social sobre o impacto do cambio climático na nosa forma de vida.
Teatro Avento Producións amosará a medidas que se deben tomar se queremos sobrevivir ante unha apocalipse zombie o venres 18 a través dunha masterclass interactiva e, o sábado 19 e domingo 20, traerán a maxia de oriente co seu espectáculo musical para público familiar “Aladino e a lámpada marabillosa”.
A comedia máis canalla chega o 25,26 e 27 de setembro coas rapazas de Enconarte Producións e a súa obra “Monstruación” e, por último, a primeira fin de semana de outubro será a quenda de Excéntricas Producións con Mofa e Befa, que porán o punto e final a este festival con “Dúas pedras no camiño”.
Todas as representacións manterán todas as medidas sanitarias establecidas polas autoridades competentes e reducindo o seu aforo ao 75% mantendo o distanciamento social no propio patio de butacas.
Reputados científicos llegan al "cartel" de un potente festival de las Rías Baixas, así es el "Ondas e partículas" que estrena el Revenidas
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL