O Concello de Bueu “continúa a apostar polo teatro profesional para toda a cidadanía a prezos asequibles”, así presenta Xosé Leal, concelleiro de cultura de Bueu, a obra de teatro 'Nacidas Libres', que se poderá ver este sábado, 20 de xaneiro, ás 21.00 horas no Centro Social do Mar. Cun custe de tres euros por sesión, 'Nacidas libres', da compañía Contraproducións, é unha proposta que se insire nas representacións teatrais organizadas dende o Concello un sábado ao mes.
Esta obra, escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez, narra a historia de catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo e que deciden montar a súa propia peza. Como non atopan argumentos, deciden encomendarlle a tarefa a unha escritora moza que parte dunha noticia aparecida nos xornais arredor da retención de tres mozas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago. Con esa inspiración van argallando un espectáculo en múltiples planos no que, con rigor e obxectividade, pero con frescura, dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no entramado argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos desde a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración…
As catro actrices que interpretan a máis dunha ducia de personaxes son Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Rocío González e Susana Dans, quen xa estiveran antes do verán na vila bueuesa para dar voz a “As do peixe”, una obra tamén con moito trasfondo feminino.
A obra insírese no proxecto Sábados de teatro, posto en marcha polo Concello de Bueu tendo como obxectivo achegar a cultura ás nosas vidas. O pasado ano puidéronse ver as obras O que hai que ver, de Fulano Mengano e Citano, As do peixe da compañía Contra producións e Que é o que precisas?, de Expresión Produccións, amais de O esperpéntico caso do obreiro do futuro de Lautana Teatro.
De cara a este ano, Xosé Leal avanzou que se está estudando a ampliación do proxecto para levar teatro afeccionado ás parroquias e diversos lugares do municipio.
Ya han presentado el programa completa de la Festa do Viño Tinto Rías Baixas. Un eventazo con festival, degustaciones, catas y mucho más
La organización de las Fiestas de Coia desvela todo lo que se podrá disfrutar desde este viernes en una de las grandes fiestas de Vigo
La Praza de Compostela de Vigo es ya el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de la Feria del Libro 2025
La isla de Ons acogerá una cita gastronómica para poner en valor un producto poco utilizada. También habrá música y visitas guiadas
Pontevedra acolle unha xuntanza do proxecto Edu-Ina, que reúne profesorado de seis universidades
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL