• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

Once conferencias para descubrir o Vigo do pasado, presente e futuro

Once conferencias para descubrir o Vigo do pasado, presente e futuro
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
21/01/2019

O Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración co Concello e a Universidade, celebrará desde este xoves e ata o 12 de decembro a segunda edición do ciclo de conferencias do Fórum IEV. A cita será mensual desde este xoves e ata o 12 de decembro.

Con este segundo ciclo, o Institudo pretende "facer chegar ao público de Vigo e a súa área metropolitana diversos estudos levados a cabo por membros do IEV sobre a cidade nas súas distintas áreas de coñecemento, así como outros estudos de vixente actualidade que se desenvolven na Universidade de Vigo en campos das ciencias e da tecnoloxía".

Másnoticias

Uno de los escritores gallegos del momento firma su nuevo libro en Vigo, un magnicidio en A Toxa

Uno de los escritores gallegos del momento firma su nuevo libro en Vigo, un magnicidio en A Toxa

04/06/2026
Confusión, retrasos y billetes "bloqueados" para los pasajeros de Renfe en Vigo, ¿qué pasa con los trenes?

Los trenes de Vigo se verán afectados por las obras en la estación de A Coruña

04/06/2026

Entre os temas que se tratarán nesta edición do Foro atópanse a arte en dólmenes, que precisamente abre a convocatoria este xoves da man de Fernando Carrera; as torres da Concatedral de Vigo, o pazo como patrimonio arquitectónico galego, a produción de sal durante a presenza romana nas nosas costas… "A idea é achegar estes temas á sociedade cunha linguaxe alcanzable para todos e tamén analizar temas de actualidade como o cambio climático e as súas consecuencias e a aplicación das novas tecnoloxías nas comunicacións mediante drons".

As conferencias realizaranse na hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios excepto a do mes de setembro, que será no Instituto Camôes.

“Arte Megalítico en Galicia: valor y retos"

Resume: Esta conferencia presenta unha expresión atística prehistórica que continúa a ser moi descoñecida para a cidadanía.
Conferenciante: Fernando Carrera
Data: 24 de xaneiro
Hora: 19:30 horas

“Aplicación das novas tecnoloxías no medio ambiente mariño”

Resumo: Repaso ás tecnoloxías de drons, electrónica de control, cámaras e procesado de imaxe
( teledetección, visión artificial). Exemplos de aplicación en proxectos relacionados co medio ambiente mariño.
Conferenciante: Fernando Martín Rodríguez
Data: 7 de febreiro
Hora: 19:30 horas

"Os impactos do cambio climático na pesca: Como nos podemos adaptar?"

Resumo: O cambio climático está a ter efectos nos océanos que afectan a actividades coma a pesca
artesanal e industrial. Nesta presentación farase un repaso ao coñecemento actual sobre os cambios no mar e as repercusións destes cambios para a pesca. Neste escenario, revisaremos tamén que di a ciencia sobre como nos podemos adaptar.
Conferenciante: Elena Ojea
Data: 14 de marzo
Hora: 19:30 horas

“Do teléfono de disco ao Whatsapp: Como chegamos aquí?”

Resumo: Un repaso das tecnoloxías que foron aparecendo, como a industria foinas convertendo en produtos e o mercado en elementos da vida cotiá; e como a vida cotiá con estes novos elementos foi transformando a sociedade.
Conferenciante: Xulio Fernández Hermida
Data: 11 de abril
Hora: 19:30 horas

“Os pazos galegos: arquitectura rural ou arquitectura de poder?”

Resumo: Un dos compoñentes máis representativos do patrimonio arquitectónico galego constitúeo
sen lugar a dúbida o Pazo, tipoloxía construtiva de difícil clasificación dada a cantidade de lecturas
e variantes que se poden albergan dentro deste concepto. Así, mentres que algúns autores reservan este vocábulo só para aquelas construcións caracterizadas polo seu aspecto palaciego, outros dan cabida nel aos palacetes urbanos mesmo a todo o conxunto de casas blasonadas que xorden na campiña galega rezumando encanto e harmonía coa contorna, pero que carecen de todo valor arquitectónico.
Conferenciante: Ana Pereira
Data: 23 de maio
Hora: 19:30 horas

"Sistemas aéreos non tripulados (drons), pasado, presente e futuro”

Resumo: Os sistemas aéreos non tripulados, máis coñecidos como drons supuxeron unha gran evolución tecnolóxica os últimos anos, producindo unha democratización dos servizos aéreos. Moitas operacións que antes se realizaban mediante sistemas tripulados como avións ou helicópteros hoxe realízanse con sistemas non tripulados. Entre as máis coñecidas destacan o sector audiovisual, topografía, vixilancia ou inspección de infraestruturas. Prevese que o mercado siga crecendo nas próximas décadas e chéguense a implementar outras aplicacións relacionadas por exemplo con loxística ou robótica industrial.
Conferenciante: Higinio González Jorge
Data: 13 de xuño
Hora: 19:30 horas

“A produción de sal na costa atlántica do noroeste da península ibérica”

Resumo: Ao longo da costa atlántica da Península Ibérica documentáronse numerosas evidencias da produción de sal mariño. Presentaremos os resultados das investigacións levadas a cabo sobre unha serie de estruturas localizadas entre a desembocadura do río Douro e a Ría de Vigo. En primeiro lugar referirémonos a xacementos conformados por concentracións de afloramentos con pías escavadas neles para a recollida de sal. Para continuar coa análise duns novos xacementos descubertos desde o ano 2015 durante unhas intervencións de urxencia.
Conferenciantes: Mar Cortegoso y Brais Currás
Data: 19 de setembro
Lugar: Salón de Actos Instituto Camoes de Vigo, Casa de Arines, Praza de Almeida
Hora: 19:30 horas

“A Igrexa de Santa María de Vigo, atalaia da nosa historia: 1719 -2019”

Resumo: O mundo relixioso vai definir o desenvolvemento da vila de Vigo, durante a Idade
Moderna, por iso resultou un feito diferencial o recoñecemento da Igrexa parroquial de Santa María
de Vigo como colexiata no 1497. A partires dese momento, a propia evolución constructiva do
templo fala da evolución da vila e dos seus habitantes, ao sufrir os saqueos corsarios, as crises
económicos, os efectos devastadores das inclemencias do tempo... , en definitiva, o devir histórico
da futura cidade olívica.
Conferenciante: Montserrat Rodríguez
Data: 10 de outubro
Hora: 19:30 horas

“Un pequeno empuxón no clima. Grandes consecuencias de pequenos cambios”

Resumo: Vivimos nunha época de cambios. Cambios sociais, tecnolóxicos, políticos e ambientais. O cambio climático, na súa manifestación de quecemento global a causa do efecto invernadoiro provocado pola actividade humana, é un dos cambios que máis atención recibiu por parte da sociedade xeral nas dúas últimas décadas.  Nesta charla darase unha breve introdución a estes cambios, as súas causas, o seu estudo e os desafíos que nos expoñen.
Conferenciante: Kais Mohamed Falcón
Data: 24 de outubro
Hora: 19:30 horas

“O quecemento global: técnicas de estudo e predición”

Resumo: O Panel Intergobernamental do Cambio Climático ( IPCC) das Nacións Unidas reúnese periodicamente co propósito de establecer como cambia o clima como consecuencia das enormes cantidades de CO2 coas que estamos a contaminar a atmosfera. Uns dos temas clave é canto aumentará a temperatura ao longo do próximo século.  Noutras palabras, de como de sensible é (e vai ser) o clima ao incremento de CO2 atmosférico. Esta charla introducirá o concepto de sensibilidade climática e expoñerá uns exemplos nos que se mostra como se pode chegar a acoutar a sensibilidade climática a partir da información que nos proporciona o rexistro xeolóxico.
Conferenciante: Gianluca Marino
Data: 14 de novembro
Hora: 19:30 horas

“Impacto socioeconómico da Primeira Guerra Mundial en Vigo”

Resumo: Espionaxe entre os 11 buques alemáns e austro húngaros internados na ría e a colonia do Cable Inglés. A espía alemá Mata Hari en Vigo. Repercusión da Guerra no tecido social. Ricos e pobres. Crispación do proletariado polo encarecemento dos produtos alimenticios de primeira necesidade. A primeira gran manifestación de Vigo. Vigo no Tratado de Versalles.
Conferenciante: José Ramón Cabanelas
Data: 12 de decembro
Hora: 19:30 horas

Temas: conferencias en VigoIEVVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Uno de los escritores gallegos del momento firma su nuevo libro en Vigo, un magnicidio en A Toxa
Qué hacer

Uno de los escritores gallegos del momento firma su nuevo libro en Vigo, un magnicidio en A Toxa

Manel Loureiro, apodado como el Stephen King gallego, firma su nuevo novela en Vigo, una novela que imagina un magnicidio en las Rías Baixas

PorUxía Pérez
04/06/2026
Muebles retro, moda vintage y piezas únicas en un mercadillo efímero en Vigo
Qué hacer

Muebles retro, moda vintage y piezas únicas en un mercadillo efímero en Vigo

Vigo acogerá un mercadillo vintage solo durante un día. Se podrán encontrar muebles retro, moda vintage y otras piezas

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Una gran verbena, lanzamiento de cohete y food trucks para arrancar la Festa da Rosa de Mos
Fiestas

Una gran verbena, lanzamiento de cohete y food trucks para arrancar la Festa da Rosa de Mos

Mos calienta motores para la Festa da Rosa y continúa desvelando novedades. Arrancará con el lanzamiento del cohete y una gran orquesta

PorMetropolitano
04/06/2026
El Mundial de fútbol se vivirá de una forma muy especial en un local de la zona de fiesta de Vigo
Qué hacer

El Mundial de fútbol se vivirá de una forma muy especial en un local de la zona de fiesta de Vigo

"Lo vamos a ver entre cervezas, amplis, guitarras", señala un local de Churruca, que propone esta propuesta para ver el Mundial en Vigo

PorIván Dacal
03/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X