A cidade de Tui, porta do Camiños Portugueses de Santiago, acollerá este sábado, 17 de outubro, un concerto a cargo Leni Pérez e Roberto Comesaña que tras unha ampla investigación sobre o patrimonio inmaterial do Camiño Portugués teñen preparado este espectáculo sobre a nosa tradición oral que veñen interpretando nas diversas localidades do Camiño Portugués e que chegan esta vindeira fin de semana á cidade de Tui. O espectáculo terá lugar no recinto do Cárcere vello o sábado 17 de outubro a partir das 19,00 horas.
“Cantares. Tradición Oral no Camiño Portugués” é un proxecto co obxectivo fundamental de ofrecer unha serie de concertos didácticos para todas as idades, de pequeno formato e en lugares do camiño Portugués, no que se interprete repertorio de tradición oral das comarcas por onde pasa. O equipo artístico seleccionado para este proxecto está formado por Leni Pérez e Roberto Comesaña. A investigación sobre o patrimonio inmaterial do Camiño portugués, a selección do material, repertorio, o equipo artístico e o deseño do evento foi realizado por Leni Pérez.
Leni Pérez, folclorista e intérprete, encargarase das explicacións e tocará percusións de man tradicionais e cantares de tradición oral recompilados no camiño. Leva recompilando nosa tradición oral dende finais dos anos 80, contando cun amplo arquivo privado, dando clases de cantares de tradición oral dende fai 30 anos, na actualidade dirixe nove escolas no sur de Pontevedra. Durante once anos traballou no programa "Luar" en apartados relacionados co folclore, na actualidade forma parte do programa "Larpeiros" onde tamén pon a nota musical. Acompañada por Roberto Comesaña, acordeonista profesional e mestre, cunha ampla traxectoria acompañando a músicos da talla de Leilía ou Cristina Pato.
O repertorio constará dunha escolma de 15 temas, cunha duración aproximada de 70 minutos. O repertorio incluirá todo tipo de cantares de tradición oral, do arquivo privado de Leni Pérez, recollidas nas comarcas por onde pasa o camiño, dende cantos de labor, a cantos de lecer, cantares do ciclos festivos anuais (Nadal, Manueles, Reis e Xaneiras), historias e romances, cantos de berce, de xogos, etc.
El penúltimo fin de semana de julio llega con citas imprescindibles del verano vigués y opciones para todos los gustos. ¡Toma nota!
Vigo se prepara para disfrutar de la Romería de San Roque. David Civera es el gran bombazo de un programa con conciertos, sesión vermú o comida
Monçao celebra este fin de semana una fiesta gastronómica especial, la de "la Rosca e do Papudo". ¡Este es su programa!
Vigo podrá disfrutar este sábado del Inmersa Dance Fest, que pondrá a bailar a las personas que se acerquen hasta Porta do Sol
Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL