O centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, abrirá de novo as súas portas ao público este venres 15 de novembro nunha xornada na que se desenvolverán unha vintena de actividades para todos os públicos e que contará con visitas guiadas a espazos destacados dentro das súas instalacións. Esta xornada celébrase ao abeiro do programa de actividades de divulgación científica e tecnolóxica Ciencia Singular, que chega á súa segunda edición co obxectivo de dar a coñecer á sociedade o traballo desenvolvido nos catro centros singulares de investigación da universidade viguesa: atlanTTic, o Centro de Investigación Mariña (CIM), o Centro de Investigaciones Biomédicas (CINBIO) e o Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial (Cintecx).
Todas as actividades serán gratuítas e para toda a familia e desenvolveranse entre as 16.00 e as 19.00 horas nas instalacións de atlanTTic na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións no campus universitario de Vigo.
Todas as persoas participantes poderán asistir a un, a varios ou a todos os talleres, deseñados en forma de demostracións prácticas e pedagóxicas para dar a coñecer as tecnoloxías da telecomunicación. Deste xeito, ao longo da tarde desenvolveranse os seguintes obradoiros:
Ademais, como complemento a estes talleres as persoas interesadas poderán participar na visita guiada que se fará ao laboratorio de seguimento de satélites, que conta cun gran número de antenas e un moderno equipamento electrónico que permite participar en todas as etapas que seguen ao lanzamento dunha misión espacial; o laboratorio de medidas radioeléctricas, onde se realizan ensaios de medidas de antenas ou medidas de compatibilidade electromagnética, entre outros; e os laboratorios de acústica, onde se farán probas para experimentar de primeira man as diferentes posibilidades acústicas.
Aínda que non é imprescindible realizar inscrición previa, todas as persoas interesadas en asistir poden rexistrarse na web e axudar así á organización a ter unha estimación de participación.
Las Rías Baixas volverán a la televisión nacional con Jesús Calleja. Grabará su próximo programa en una de las fiestas más sorprendentes de Galicia
Vuelve la fiesta de la cerveza artesanal a Vigo. La única marca viguesa de cerveza artesanal ha organizado un fiestón antes del verano
Una parroquia de O Porriño se prepara para un 'Serán Furancheiro'. Habrá tapas, queimada gratis y música de gaiteiros
Vigo ya prepara sus grandes fiestas gastronómicas del verano. Una de las más importantes, la Festa da Sardiña, desvela su programa
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL