• Planazos finde
  • Liquidación en Vigo
  • La Vuelta
  • Proyecto turismo
  • Eclipse lunar
  • 120 años de bar
  • Celta 360
  • Reapertura vintage
  • Urbanismo Vigo
  • Festas do Cristo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Música

Os festivais continúan en Vigo co festival Sinsal Outono e un cartel "singular e único"

Sinsal Outono // Antonio Vidal

Sinsal Outono // Antonio Vidal

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
05/09/2022

Os días 16 e 17 de setembro Vigo ten unha cita coa música e artes visuais de vangarda: regresa Sinsal Outono, o ciclo de concertos intrinsecamente vinculados á experimentación sonora, á vangarda e á creación contemporánea nas súas múltiples expresións.

Sinsal Outono, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, busca visualizar propostas singulares e únicas, de difícil clasificación e, por tanto, pouco habituais na programación dirixida ao público xeral. Neste 2022 desenvolverase nun dos espazos de referencia do universo da investigación, creación, innovación e produción contemporánea no ámbito local, comarcal e galego, e que acompañou o desenvolvemento e proxección da propia Sinsalaudio ao longo destas dúas últimas décadas: o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO).

Másnoticias

Foto: Chris Harwood / Shutterstock

Cómo ver en Galicia la "luna de sangre", el eclipse lunar total de este domingo

06/09/2025

Así reabrirá una tienda del centro de Vigo con una apuesta por las camisetas retro de fútbol

06/09/2025

A programación das dúas xornadas estarán ateigadas de experimentación e de visualización de propostas musicais contemporáneas con bandas e artistas chegadas de distintos puntos Madrid, Valencia e Portugal, grazas tamén á colaboración do Instituto Camoes. Dullmea, El Hijo, Luís Fernandes e Otro conformarán o cartel desta nova edición do ciclo, cuxas entradas están á venda na plataforma Enterticket e tamén desde a páxina web do festival. O prezo da entrada anticipada é de 10 euros, e os menores de 9 anos accederán gratuítamente.

EL HIJO | 16 DE SETEMBRO

Proxecto musical do compositor e produtor Abel Hernández (Migala, Emak Bakia). Desde o ano 2005 publica os seus primeiros traballos, producidos por Raül Refree, nos que se aproxima á canción de autor, con sonoridades acústicas e poesía de ton surreal. Nos primeiros anos da seguinte década achégase incialmente cara ao rock, mais vira o seu rumbo para investigar sobre as posibilidades da composición e produción propias da electrónica contemporánea, que dan pé ao seu son actual. Ben sexa a través do uso do autotune ou de recursos sonoros imposibles, El Hijo desafía os límites da produción dixital no panorama estatal.

Luís Fernandes | 16 DE SETEMBRO

A actividade artística de Luís Fernandes está marcada pola multiplicidade de enfoques e formatos, divididos en proxectos colectivos, colaboracións puntuais e traballos individuais; pola actividade performativa, compositiva e expositiva; e polo establecemento de relacións con diferentes disciplinas. Fundador da banda peixe:aviao e membro do colectivo La La La Ressonance, ten colaborado con artistas como Lloyd Cole, Rodrigo Leao ou Black Bombain. No seu novo disco, ‘A guide to gettin lost’, explora as posibilidades da electrónica como punto de partida para múltiples composicións.

OTRO | 17 DE SETEMBRO

Músico e produtor afincado en Valencia e autor dun dos discos máis brillantes de 2021: Portuaria. O seu proxecto musical abrangue un importante abano de estilos e sons, na procura do diálogo entre a experimentación e a convención, converténdoo nunha das figuras a ter en conta na escena emerxente da música electrónica. As súas incursións no rap e no pop, así como o deseño de son comercial, abren espazos para xerar unha tensión espontáneamente desenfreada que se converten no sinal de identidade de Otro.

DULLMEA | 17 DE SETEMBRO

Desde Portugal chega unha artista especializada en explorar as múltiples posibilidades que se abren para a voz a través da música electrónica. Graduada como violinista pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo, Sofía Fernandes conta con tres discos publicados desde 2016 cos que ten xirado por países como Holanda, Alemania, Dinamarca ou Reino Unido. Nos seus directos propón unha suxerente inmersión no seu universo sonoro, minimalista e experimental, nos que improvisa sobre temas compostos por ela mesma. No Sinsal Outono presenta ‘Orduak’, o seu último traballo.

Temas: Festival SinSalVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Música

Las futuras estrellas del rock se miden en un concierto en Nigrán llegadas desde Paredes de Coura

Después de la residencia intensiva de julio en Paredes de Coura de la Escola do Rock, su gira por Galicia remata este domingo en Nigrán

PorUxía Pérez
06/09/2025
Foto: Chris Harwood / Shutterstock
Qué hacer

Cómo ver en Galicia la "luna de sangre", el eclipse lunar total de este domingo

El Observatorio Astronómico Nacional explica cómo va a verse la "luna de sangre" en Vigo y su área y cuál es la mejor hora

PorIván Dacal
06/09/2025
Fiestas

O Porriño presenta un mes entero de fiestas con Panorama, Beret, nuevo festival y Festa dos Callos

O Porriño ha desvelado toda la programación de las Festas do Cristo. Heredeiros da Crus y El Combo se suman a un completo cartel

PorIván Dacal
06/09/2025
Fiestas

Vigo y su área se llenan de planazos para poner buen sabor de boca al primer finde de septiembre

Aluvión de eventos este fin de semana en Vigo y su área, muchos de ellos gastronómicos, para pasarlo en grande el primer finde de septiembre

PorÁngel Vila
05/09/2025
Enfoque

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

PorMetropolitano
05/09/2025

O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

06sep(sep 6)16:15Negrita Music Festival en O PorriñoFESTIVAL | O PORRIÑO

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X