A cuarta das barferencias que se celebran na Guarda, unha mestura entre divulgación cultural e tarde de “cañas”, centrarase este venres, 2 de febreiro, nas peculiaridades da costa baixomiñota.
O faladoiro, titulado “A rasa costeira no Baixo Miño”, versará sobre os principais condicionantes xeolóxicos (tipos de rocha e fallas) e os procesos mariños que controlan a morfoloxía da costa galega, para explicar os factores que dan orixe á formación dunha rasa costeira. Tratarase con especial atención a rasa do Baixo Miño, onde as variacións do nivel do mar durante os últimos períodos glaciares-interglaciares xogarían un papel fundamental na orixe das diferentes superficies de erosión presentes nesta costa.
O coloquio estará dirixido pola catedrática de Xeoloxía na Universidade de Vigo Soledad García Gil e comezará a partir das 20:30 horas no bar Cramoeiro.
O ciclo de «Barferencias» rematará o vindeiro 2 de marzo coa charla “De roteiro polas costas da lamprea”, da man do profesor da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e membro da Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM), Manuel Ángel Pombal Diego. A cita será, nesta ocasión, na Casa-Bar Aquilino a partir das 20:30 horas.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL