Última oportunidade para asistir ao ciclo de barferencias da Guarda. O relatorio “ A muralla dos castros. Modelos, reconstruccións e interpretacións” porá o peche o ciclo de bareferencias 2023 que tivo a divulgación do patrimonio como eixo central no concello da Guarda.
A charla correrá a cargo de Luis F. López, arqueólogo responsable da recente reconstrucción na porta da muralla do castro de Santa Trega. Doutor en arqueoloxía pola Universidade Complutense de Madrid , Luis F. López é “un dos maiores expertos en arquitectura castrexa”, sinalan dende o Concello, tendo excavado en castros tan senlleiros como San Cibrán de Las, Elviña, Castromaior, Cervantes. Así mesmo, no castro de Santa Trega fora o responsable da restauración no sector de Mergelina.
No relatorio que terá lugar este venres, Luis F. López falará dos sistemas construtivos empregados nas murallas dos castros, prestando atención aos accesos como os lugares máis destacados dos castros, onde se realiza unha maior inversión construtiva, entendendo o funcionamento do acceso ao Castro de Santa Trega dentro dos modelos defensivos do mundo castrexo.
A barfererencia, que ten entrada libre, terá lugar no restaurante da Guarda, a Casa de la Abuela (Rúa Calvario, 69) o venres 2 de xuño ás 20:30 horas.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL