O Festival Rogelio Groba volve converter a localidade pontevedresa de Ponteareas no epicentro galego da música clásica, dende hoxe e ata o vindeiro 18 de agosto. Durante estes días, a quinta edición do encontro reunirá intérpretes de prestixio internacional e novas promesas, ademais de contar coa Orquestra de Cámara Galega como agrupación residente do festival.
A actuación de apertura será esta noite, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal. Á mesma hora e neste mesmo escenario desenvolverase o resto da programación musical, con excepción do concerto do día 16, que terá lugar no salón de plenos do Concello. Ademais, o domingo 13 de agosto realizarase un concerto matinal na Residencia de Maiores Santa Ana.
A Orquestra de Cámara Galega será a encargada de abrir e de clausurar o festival, no que participarán recoñecidos intérpretes procedentes de diversos países, como os violinistas Guy Braunstein (Israel), Hélène Desaint (Francia) e Clara Jumi Kang (Alemaña); os pianistas Julien Quentin, Anna Crexells e Sunwook Kim; a violonchelista rusa Anastasia Kobekina e mais o israelí Zvi Plesser; a frautista Gili Schwarzman, o músico franco suízo Miguel da Silva ou a soprano catalá Isabella Gaudí, que cantará en galego dúas pezas do mestre Groba que serán estreadas nesta quinta edición do festival.
Tampouco faltarán recoñecidos músicos galegos, como o violinista Pablo Vidal e mais o frautista Bernabé Simes, ademais dos integrantes do programa Xoves Músicos Galegos: os violonchelistas Alba Reirís e Manuel Lorenzo, a pianista Antía Couto, Ramón Pérez Sendín (clavicémbalo) e o compositor Luis Álvarez Cabado.
Os compositores galegos serán protagonistas do repertorio musical, con diversas estreas, como a da peza Concerto número 1, unha obra para violonchelo do lucense Luis Álvarez Cabado, unha das grandes promesas da composición galega. Ponteareas tamén acollerá a estrea de Na Barxa e Na Suaviña, dous ciclos de factura similar, con textos extraídos da recompilación de coplas populares realizada por Ramón Cabanillas na súa obra Antífona da cantiga, aínda que algúns dos topónimos foron adaptados a lugares vinculados á propia vida do mestre Groba). Tamén, como estrea absoluta, interpretarase unha obra escrita especificamente para o festival: Tipoloxías,Suite nº II.
Ademais destas estreas, tamén soarán outras composicións de Groba xunto con autores habituais do repertorio internacional como Grieg, Ginastera, C. Schumann, Brahms, Dvorak, Vivaldi, Albéniz, Mozart, Granados, Smetana, Kodaly, Rameau, J. S. Bach e C. Frank.
A divulgación da música do compositor Rogelio Groba, o fomento do estudo da música clásica, a aprendizaxe con mestres internacionais que complemente a formación dos novos intérpretes e situar Galicia como punto de referencia da música de cámara son os principais obxectivos deste festival, que conta, desde a súa primeira edición, co apoio do Goberno galego.
150 mozas e mozos de toda Galicia participan na cidade na primera edición desta Olimpíada da Enerxía que se celebra en España
Llega a Moaña una nueva edición de la feria ComiCon con nuevos juegos de mesa, torneos y videojuegos para todas la edades
Caballero acaba de anunciar una nueva confirmación para Castrelos 2025. Vigo remarca su carácter internacional con esta nueva actuación
O Rosal invita a los vecino del concello a toda la gente de fuera a descubrir en Semana Santa uno de sus mayores atractivos históricos
Neles avalíanse aditivos derivados de algas e a substitución de conservantes sintéticos por naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL