A banda de música ‘Unión de Guláns’ prepara un novo acto para conmemorar o seu 150 aniversario por todo o alto. Este domingo 2 de xullo celebrarase o 1º Festival de Bandas Centenarias de Ponteareas, un encontro no que o público poderá gozar da boa música coa actuación de tres bandas de música.
A actividade comezará ás 18:00 horas coa música resoando polas rúas de Ponteareas cun pasarrúas que irá dende a Casa do Concello ata o auditorio municipal Reveriano Soutullo. Xa no auditorio subiranse ao escenario a banda de música ‘Unión de Guláns’ e dúas bandas convidadas, a de música popular de Moaña ‘Airiños do Morrazo’ e a Banda Artística de Merza. A entrada será de balde ata completar aforo.
Fundada no ano 1870, pola ‘Unión de Guláns’ pasaron 20 directores e centenares de músicos e músicas que deron a coñecer á banda e fixeron dela o maior orgullo da parroquia, converténdoa nun verdadeiro nexo de unión entre veciñas e veciños. A banda retomou este ano os actos conmemorativos do seu aniversario previstos para o 2020 e adiados por mor da crise sanitaria.
“Con este festival poñeremos en valor unha vez máis a ampla traxectoria e legado da banda de música ‘Unión de Guláns’, parte integral da cultura musical ponteareá durante máis de 150 anos, enriquecendo a vida da vila co talento e paixón pola música de todas e todos os seus integrantes”, resaltou a alcaldesa, Nava Castro.
¡Date prisa! Avempo cierra a las 23:59 horas las inscripciones para participar en la prueba que se celebra el próximo 26 de octubre en Vigo
Evento especial para rendir tributo a Iago Aspas, que, si juega el jueves, será el futbolista con más partidos de la historia del Celta
Aberta ao público, terá lugar este mércores 22 na Facultade de Comunicación da UVigo en Pontevedra
Piratas de Nabia retoma una de sus planes estrella del otoño: viaje y ruta guiada a Ons con cocido incluido
Aberta ao público, terá lugar este mércores 22 na Facultade de Comunicación da UVigo en Pontevedra
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL