Ponteareas volverá a converterse este sábado na capital da música tradicional do país. O Concello organiza a 54 edición do Concurso de Gaitas do País, a festa musical desta especialidade máis antiga de Galicia, e que coloca a vila como referente na promoción do folclore musical galego. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, afirma que “para Ponteareas é un orgullo acoller estes eventos”, e expón que o Concurso “é unha mostra máis da nosa decidida aposta pola música que se fai no país”.
Os grupos participantes mostrarán os seus traxes tradicionais e as súas melodías nun pasarrúas que comeza ás 16.00 horas e que vai do Concello ao Auditorio Municipal. Durante o pase o xurado decidirá os gañadores dos catro premios que reparte o concurso, os primeiros recibirán 1.800 euros, os segundos 1.200, os terceiros 900, e os cuartos 600. Ademais, cada grupo participante, agás os gañadores, recibirá unha gratificación de 300 euros. No xurado participa Xosé Ferreiros, integrante do histórico grupo galego Milladoiro.
Esta edición cumpre cun estrito protocolo sanitario e, para evitar aglomeracións, o Concello prepara un sistema en streaming para que todas as persoas interesadas poidan desfrutar do concurso dende os seus fogares dunha maneira segura e cómoda. O evento poderá visualizarse por Youtube e no Facebook da Concellaría de Cultura do Concello.
“Para Ponteareas é unha gran oportunidade acoller este tipo de evento, xa que reforza e difunde a nosa cultura, ademais de axudar ao comercio local”, destaca Fernando Groba. No Concello quixeron reforzar o Concurso de Gaitas ofrecendo á veciñanza “un peche ao grande” co concerto do grupo gañador do concurso e de Milladoiro, unha das formacións con máis relevancia do panorama musical galego, e que compartirá as súas melodías ás 22.00 horas no parque da Feira Vella. A entrada é de balde, pero debe ser adquirida a través dunha plataforma online (premer aquí).
El Eixo Atlántico lanza por primera vez este concurso fotográfico que permite hacer noche en dos parajes de Viana do Castelo y Sarria
Salceda presenta un Verán Cultural con mucha música, baile y fiesta. Así son los eventos que ofrecerá durante el mes de julio
Este mes, los jardines del pazo de Castrelos se transformarán en un idílico escenario para todo Vigo. Arrancan los conciertos en este enclave
Conciertos, grandes verbenas, con orquestas como El Combo, animación infantil y fuegos artificiales. Esto es lo que habrá en las Fiestas de Bouzas
O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL