E se os primeiors poboadores do que hoxe coñecemos como Galicia estiveran nos asentamentos das Gándaras de Budiño hai máis de 200.000 anos? Esta idea será o eixo sobre o que xirará a conferencia que Eduardo Méndez-Quintas, profesor do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), ofrecerá o vindeiro xoves, día 5 de abril ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal do Porriño.
Baixo o título ‘As Gándaras de Budiño e os primeiros poboadores de Galicia. 50 anos de encontros e desencontros’, o profesor Méndez-Quintas falará sobre as novas técnicas de datación dos restos atopados en 1961 nesta lugar do Porriño e que poderían indicar que os homes que viviron neste lugar o fixeron moitísimo antes do que se estivo crendo no último medio século.
“Criamos que os poboadores de Budiño traballaban con tecnoloxía que xa tiña desaparecido en Europa 100.000 anos antes…pero as ferramentas atopadas son iguais e teñen as mesmas características que as doutros xacementos do sudoeste de Europa”, explica.
A este feito apuntan os bifaces e outras pezas coma lascas, follas de coitelo, perforadores ou picos triédicros, que apareceron nestes lugar hai máis de medio século e que daquela foran datados coa técnica do Carbono 14, hoxe xa superada.
As novas tecnoloxías apuntan a que estes restos teñen, cando menos, unha antigüidade semellante a outros aparecidos no Baixo Miño, e que apuntan a que os primeiros poboadores de Galicia se asentaran aquí hai entre 200.000 e 300.000 anos.
O estudo desta alternativa, sobre o terreo, será o traballo que inicie o vindeiro verán, coa achega do Concello do Porriño, un equipo “multinacional”, impulsado polo Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), e integrado por científicos australianos, portugueses, franceses e galegos, que reabrirá, baixo a dirección do profesor Méndez-Quintas o xacemento das Gándaras de Budiño, tal e como explicará él mesmo, o xoves na súa conferencia.
Vigo será una de las paradas de un nuevo y sorprendente show. Un viaje intergaláctico que acaba de sorprender a Galicia con su estreno
Valença desvela su asombroso despliegue de Navidad con 41 días de actividades. Esto es todo lo que podrás disfrutar en una escapada desde Galicia
El Concello de Salceda presenta una nueva edición de su tradicional Ruta das Bodegas da Feira. Degustación de vino y mucho más
La Navidad de Vigo sumará uno de sus grandes atractivos. Ya hay fecha para la apertura de la icónica gran noria
Apunta que la UVigo se enfrenta a un reto importante como es la jubilación de decenas de docentes y la caída de la natalidad
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL