A fiera ECOartesá de Moaña sobrevive á Covid. A cita de produtos ecolóxicos, artesáns e de agricultura sustentable regresará ao municipio morracense o próximo domingo 2 de agosto, despois de non poderse celebrar no mes de maio debido á pandemia.
A cita ECOartesá chega renovada, baixo a nova organización de Moaña Antiqua e o Concello de Moaña en colaboración tamén coas praceiras moañesas, pero mantendo o seu espírito por potenciar os produtos artesanais e de proximidade, segundo explica a concelleira de Turismo, Coral Ríos.
Haberá entre 40 e 50 postos, por baixo do centenar habitual pero aínda unha cita considerable. A necesidade de distanciamento entre cada un deles, de dous metros, obriga este ano a reducir a oferta primando especialmente a calidade e singularidade. Os que asistan, entre as 11:00 e as 21:00 horas atoparán produtos de artesanía, xoiería, antigüidades, mobles, minerais ou roupa tradicional, entre outros, pero tamén de alimentación como queixos, repostería, plantas medicinais, froitos secos ou marmelada.
Tamén haberá espazo para a comida, cun posto de churrasco e unha polbeira, que como novidade ofrecerán os seus produtos para degustar en pequenas “haimas” en grupos familiares e separados do resto de usuarios.
No tocante á normativa Covid, ademais da necesaria separación dos postos, desta vez cada vendedor estará situado creando unha fila única, sen estar enfrontados, para así desenvolver un itinerario de dirección única no paseo marítimo de Moaña que irá dende a Casa do Mar até o final do paseo.
O protocolo do coronavirus tamén modificará os obradoiros para a cativada. De 17:00 a 18:30 horas celebrarase un de reciclaxe infantil e ao longo do día outro de olería. En ambos casos haberá diferentes quendas par que os monitores ensinen aos máis pequenos en grupos dun máximo de oito nenos e nenas.
A rapazada tamén terá este ano cita musical da man de Uxía Lambona e a Banda Molona. O espazo do concerto estará limitado e pechado e será necesario reserva previa. Este pase, gratuíto, poderá obterse a partir do mércores na oficina de turismo de Moaña situada fronte á Casa do Concello.
Lanzan una nueva escapada gratis por las Rías Baixas para conocer sus tesoros y su biodiversidad. No te pierdas "Voando nas Rías Baixas"
Baiona acoge una asombrosa muestra de modelismo naval. Un centenar de barcos históricos que solo estarán a la vista por unos días
Vigo disfrutará del 8 al 11 de junio de la Fiesta del Cine. Consulta las películas y las salas donde disfrutar de los descuentos
Nigrán acoge un evento solidario a favor de Palestina. Se trata de un acto que contará con una comida solidaria, actuaciones y mucho más
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL