• Fiestas de Coia
  • Recuperación edificio Vigo
  • Desaparecido Vigo
  • Inscritos Rallye Rías Baixas
  • Entradas Castrelos
  • Vivienda en Vigo
  • Calor Galicia
  • Fiestas Bueu
  • Plan en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer Fiestas

Redondela e Chapela recuperan o desfile de Comparsas e o Enterro do Berete

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
26/01/2022

Redondela e Chapela son, neste 2022 que acaba de comezar, o reflexo dunha certa normalidade ao recuperar o Desfile de Comparsas e Enterro do Berete, respectivamente, no Entroido. Logo da suspensión das actividades na rúa no pasado 2021, o concello volve a retomar unha das súas celebracións máis tradicionais aínda que mantendo as medidas e normas de seguridade sanitaria que marcan as autoridades competentes na materia.

As bases que rexeran o Desfile de Comparsas e o Enterro do Berete, serán publicadas esta vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), momento en que abrirase o prazo de inscrición que permanecerá aberto ata o 20 de febreiro.

Másnoticias

Foto: Policía Local de Redondela

Investigado un vecino de Mos por un delito contra la seguridad vial tras huir de la Policía

28/06/2025

O Porriño se presenta como "villa orgullosa y diversa" con un fiestión con Baiuca, food trucks y Gala Drag

24/06/2025

Redondela

Para o Desfile de Comparsas e disfraces de Redondela, o Concello destinará un total de 10 500 euros distribuídos tanto en premios coma en axudas ás comparsas que participen nos desfiles. Así, no apartado de axudas, destinará 300 euros ás comparsas que teñan entre 26 e 55 compoñentes; 400 euros aos que conten entre 56 e 80 compoñentes e 500 euros ás formacións que conten con máis de 80 compoñentes.

As categorías nas que se pode participar nos desfiles serán as de Comparsa –agrupación de máscaras nun número superior a 25 persoas–, Mocidade –comparsa que teña o maior número de mozos e mozas menores de idade á data da actuación–, Retranca –comparsa que mellor exprese con segundas intencións e humor a actualidade dentro dun marco de respecto e educación–, Inclusión e diversidade –comparsa con maior número de participantes que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %–, Grupo –agrupación de máscaras nun número de entre 3 a 25 persoas–, Parella –dúas máscaras– e Individual.

No que aos premios fai referencia, o xurado outorgará un primeiro de 900 euros, un segundo premio de 600 euros e un terceiro de 300 euros. Amais os premios á mocidade, á retranca é a inclusión e diversidade de cada comparsa terán un premio de 500 euros cada un.

O xurado tamén outorgará premios aos grupos –200 euros para o 1º e 150 € para o 2º–, premios de parellas –100 € ao 1º e 80 € ao 2º– e, finalmente, premios individuais dotados con 80 € para o 1º e 50 € para o segundo.

Para poder optar aos premios, é imprescindible que as comparsas acompañen o Entroido nos actos programados para o domingo 27 de febreiro, no que comezará o desfile ás 18:00 horas dende o Campo da Feira. O concurso de grupos, parellas e individual desenvolverase na tarde do martes 1 de marzo a partir das 17:00 horas. Todos os que desexen participar nesta fase do concurso realizarán a súa inscrición o mesmo día dende as 16 horas nun posto instalado nos soportais do Concello.

Chapela

No que ao Enterro do Berete fai referencia, e que terá lugar o sábado 5 de marzo, o Concello destina un orzamento de 3000 euros que se distribuirán en 400 euros para as comparsas con máis de 80 compoñentes e que leven carroza; 300 euros para as comparsas que conten entre 56 e 80 compoñentes e con carroza de acompañamento; 200 euros para as que teñan entre 26 e 55 compoñentes e leven unha carroza e, finalmente, 100 euros para as comparsas con máis de 25 compoñentes sen carroza.

Tanto no desfile de Redondela como no Enterro do Berete, as comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto nos seu vestiario coma na súa actuación e non serán consideradas comparsas con dereito a inscrición aquelas que en anos anteriores repetiran, no substancial, o deu disfraz.

A inscrición para as comparsas para Redondela e Chapela, no caso de persoas físicas, deberá facerse cumprimentando a folla de inscrición e presentándoa no Rexistro do Concello mentres que de tratarse de persoas xurídicas, e tal e como marca a lexislación vixente, tan só poderá facerse por vía da Administración Electrónica.

A alcaldesa Digna Rivas, animou á veciñanza a participar nos actos dun Entroido 2022 “que marca o comezo dunha certa normalidade” aínda que insistiu na necesidade “de cumprir con todas as normas de seguridade sanitaria a fin de que todas e todos poidamos gozar dunhas festas que sempre foron un dos nosos símbolos de identidade”.

“A pandemia segue aí, –enfatizou Digna Rivas– e temos que aprender a convivir con ela. Cumprindo coas normas que en cada momento se diten coa responsabilidade da que sempre fixeron gala as e os redondeláns, non dubido que este Entroido será unha festa por todo o alto”.

Temas: Entroidofiestas en GaliciaRedondela
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Foto: Orquesta Marbella
Fiestas

Coruxo se prepara para sus grandes fiestas de verano con cinco verbenas y fuegos artificiales

Coruxo cita a todo Vigo a disfrutar de sus fiestas de verano. Habrá cinco grandes verbenas con varias orquestas y grupos destacados

PorIván Dacal
28/06/2025
Música

Nigrán desvela las fechas y artistas del festival gratuito en "el mejor escenario del mundo"

Nigrán disfrutará un año más del Solpor Monteferro. El festival gratis que se celebrará en "el mejor escenario del mundo" con estos artistas

PorIván Dacal
28/06/2025
Música

El ciclo de conciertos que llena de música en directo Galicia crece en Vigo hasta el mes de octubre

El ciclo Directos Vibra Mahou anuncia cuatro nuevos conciertos que tendrán lugar entre octubre y noviembre tanto en Vigo como en Galicia

PorMetropolitano
27/06/2025
Fiestas

El centro de Vigo se transformará en un mercado gastronómico, artístico y de diseño

Música en directo, puestos de comida y todo tipo de propuestas artísticas en pleno centro de Vigo. Así es la iniciativa que tomará Ronda Don Bosco

PorAlfredo Teja
27/06/2025
Enfoque

Un estudo da UVigo cuestiona as hipóteses clásicas sobre a alta biodiversidade nos trópicos

PorMetropolitano
26/06/2025

Nin a maior extensión, nin a antigüidade nin a estabilidade climática explican a maior diversidade

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X