• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Fiestas

Redondela recuperará de novo a festa dos maios para celebrar a primavera

Redondela recuperará de novo a festa dos maios para celebrar a primavera
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
07/04/2022

Ata o día 22 de abril terán de prazo as persoas e agrupacións interesadas en formalizar a inscrición para participar na Festa dos Maios 2022, unha das celebracións populares máis emblemáticas de Redondela, que volverá a encher de cor a Alameda Castelao. O municipio recupera así esta festa tradicional que, ao igual que outras moitas, tivo que ser suspendida por mor da pandemia da Covid-19 nos últimos dous anos.

A alcaldesa Digna Rivas amosou a súa satisfacción “pola volta, pouco a pouco e con moitas precaucións, a unha certa normalidade que permite que a veciñanza de Redondela volva a gozar das súas festas tradicionais como sempre o fixo, na rúa e compartíndoa cos amigos, familia e veciños e veciñas”. “Comezamos a recuperar o que sempre fomos, un referente en tradicións, patrimonio e cultura popular”, asegura Rivas.

Másnoticias

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

21/07/2026
El Festival Artistas de Rúa convertirá de nuevo Redondela en un gran circo a cielo abierto

El Artistas da Rúa vuelve a Redondela con espectáculos gratis y el concierto de un joven talento gallego

21/07/2026

O Concello, que destina unha axuda de 100 euros a cada maio que se presente ao concurso, outorgará tamén un total de 12 premios repartidos a razón de tres en cada unha das categorías: Premio ás coplas, Premio á interpretación, Premio ao maio tradicional, e Premio ao maio artístico. Todos eles terán as mesmas contías económicas cun un primeiro premio dotado con 300 euros, un segundo de 250 euros e un terceiro premio de 200 euros.

Cómpre lembrar que considérase como maios tradicionais aqueles construídos con forma cónica ou de cruceiro e que, na súa elaboración, empregan materiais vexetais (especialmente fiúncho, pampullo, peonias, laranxas e flores diversas) e técnicas construtivas mecánicas non sintéticas. Na categoría de maios artísticos entran aqueles construídos con forma non cónica empregando na súa construción materiais vexetais e técnicas construtivas non exclusivamente mecánicas. O único material non vexetal permitido para a decoración dos maios nas dúas categorías é a casca de ovo.

No que ás coplas atinxe, estarán escritas en lingua galega (normativa oficial da RAG, 2003). Será imprescindible que cada maio conte, como mínimo, con catorce coplas das que seis serán interpretadas diante do xurado.

As bases, que poden ser consultadas na súa integridade na páxina web do Concello de Redondela, establecen tamén que os maios deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación e, amais, non serán admitidos a concurso aqueles maios con coplas que atenten contra as máis elementais normas de civismo e respecto á honra e dignidade das persoas.

É condición imprescindible que os maios que opten ós premios soliciten a súa inscrición no Rexistro Xeral de entrada do Concello de Redondela conforme ao modelo que aparece no anexo. O prazo de solicitude rematará o venres 22 de abril.

O sorteo para a localización dos maios, a orde de actuación diante do xurado e a explicación do desenvolvemento do concurso celebrarase o martes 26 de abril ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Os maios colocaranse nos lugares asignados no sorteo ás 11:00 horas do día 1 de maio. As/Os concursantes actuarán diante do xurado subindo o seu maio ao palco, de acordo coa orde establecida no devandito sorteo e interpretando seis coplas das presentadas.

Temas: fiestas en GaliciaFiestas en RedondelaRedondela
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri
Música

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica
Fiestas

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo

PorIván Dacal
21/07/2026
Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal
Qué hacer

Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal

Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura

PorIván Dacal
21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área
Qué hacer

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X