Falar. Dialogar. Latricar. Laretar. Baballar. Esbardallar. Falar sen cancelas. Falar polos cóbados. Falar os sete falares. Falar polas orellas. En Galicia temos mil e unha palabras e ditos para representar o que máis nos gusta, o feito de “non calar nin debaixo da auga”. A conversa vai impresa no noso ADN é isto é o que representa a obra de Culturactiva que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui.
“Somos un pobo de contos, de lendas, de relatos. Sabemos falar. E cando falamos, falamos ben”, explican dende “Falar sen cancelas”. Da man de Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz os asistentes poderán desfrutar de 75 minutos de humor e gags e xogos de improvisación“ nun lugar en que cada palabra conta, ás veces por dúas, no que o duplo significado abrolla en cada xiro da lingua e a retranca fai rimar humor con historia cada vez que alguén abre a boca”.
O espectáculo parte da descuberta dun andazo que está acabando coa galeguidade. Os tres humoristas foron atacados por este estraño virus, que fai que non poidan falar galego en público... pero non son capaces de quedar cruzados de brazos perante semellante problema, e buscan unha solución. Os acontecementos van desembocando nun aloucado espectáculo cheo de retranca, improvisación e reflexións cómicas sobre a galeguidade.
En definitiva, “Falar sen cancelas”, dirixida por Diego Rei, é unha proposta de hora e media de humor sobre a galeguidade, a lingua, as nosas costumes e ritos. As entradas están á venda en www.culturatui.info até o venres ás 12h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes. Prezos: 6€ e 4,5€.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL