O ciclo “Barferencias de Inverno” chegará ao seu fin o vindeiro venres, 2 de marzo, co faladoiro “De roteiro nas costas da lamprea”, da man do profesor na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo (Uvigo), Manuel Ángel Pombal.
O biólogo ofrecerá durante a súa charla un repaso á evolución da lamprea, as súas principais características e as diferentes fases do seu ciclo de vida. Deseguido, Pombal realizará un roteiro polas diferentes artes de pesca utilizadas en Galicia para a captura deste curioso peixe e, finalmente, destacará algunhas das aplicacións e dos resultados obtidos tras a análise da chupona como modelo na experimentación animal. A cita será na Casa-Bar Aquilino da Guarda ás 20:30 horas.
Manuel Ángel Pombal é doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e, actualmente, profesor na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo (Uvigo). Tamén forma parte da Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) en calidade de vicepresidente. Dentro da Área de Bioloxía Celular, as súas liñas de investigación están centradas no estudio do sistema nervioso utilizando como material experimental a lamprea. Máis polo miúdo, os seus estudios céntranse na organización e desenvolvemento do encéfalo (cerebro) destes vertebrados. Leva 30 anos estudando estes animais.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL