O sector do audiovisual galego darase cita este domingo no Porriño para avaliar a situación do cinema galego e o seu futuro. A cita, englobada dentro do programa “Cans todo o ano” do Rebobina cineclub da Sala Ingrávida, arrancará ás 19:00 horas e a entrada é totalmente de balde.
Na mesa redonda participarán os responsables dalgúns dos principais festivais de cinema da provincia, nomeadamente, Ángel Santos, do Novos Cinemas de Pontevedra, Fernando Carreira, de Redondela en Curto, Juan de Castro, do Primavera de Cine de Vigo, e Alfonso Pato, do Festival de Cans.
Durante a cita falarase do cinema galego, das políticas culturais para o sector ou do conflito entre calidade e comercialización. Así mesmo, neste debate tamén se buscarán respostas a “que procura un festival de cinema?” e “cara onde camiña o sector?”.
O Festival de Cans, organizado pola Asociación Cultural Arela baixo a dirección de Alfonso Pato, celebra este ano a súa décima quinta edición. Será do mércores 23 ao sábado 26 de maio e, por vez primeira na historia, non coincidirá co Cannes francés. Así, agroglamour e glamour de alfombra vermella non competirán en datas.
O Festival de Cans viviu en 2017 a súa edición máis exitosas con até 13.000 persoas pasando polos diferentes puntos do recinto, esgotando todas as entradas dispoñibles.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL