Máis de 30 actividades en tres semanas de verán e todas elas gratuítas. A concellerías de Cultura e Festas de Salceda de Caselas, dirixida por Alex Rodríguez, vén de presentar a programación de verán que desembocará nas Festas do Cristo.
O Verán Cultural dará comezo este venres 5 de xullo da man da Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA), que por cuarto ano organizan a Feira Medieval (5, 6 e 7 de xullo).
No ciclo hai citas tradicionais, como o certame de bandas de música que este ano celebra a súa vixésimo oitava edición, o festival folclórico ou o día da infancia, que ano a ano acollen a numeroso público tanto de Salceda como dos arredores. Destacan as actividades dirixidas ao público familiar, como contacontos ou a festa da escuma, e incorpóranse novidades como unha aula aberta de ioga ou unha exhibición de break dance. Precisamente a alcaldesa, Loli Castiñeira, incidiu na presentación oficial no agradecemento ao traballo do tecido asociativo, lembrando que –“o Concello segue a apostar pola cultura da casa e por poñer en valor o traballo feito polas diferentes asociacións do municipio”.
Outra das premisas é a variedade de espazos nos que se van desenvolver os actos: O Parque Raíña Aragonta, o Parque da Gándara, o Auditorio Municipal, o recinto do CEP Altamira e, por suposto, a Praza do Concello. A programación estenderase dende o venres 5 ata o luns 22 de xullo en que rematan as Festas do Cristo.
Entre as grandes citas, estará o concerto de Susana Seivane, que chegará a Salceda o sábado 20 de xullo dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra. Seivane interpretará, xunto a súa banda, temas do seu último traballo “FA”, publicado o pasado mes de setembro, un disco intimista, romántico, inspirador e tenro. Pero tamén repasará outros temas da súa longa carreira musical todo nun espectáculo fresco e orixinal. Pola súa parte, as verbenas do Cristo contarán con Grafitti, La Dimensión, Grupo La Nave, La Estación e Grupo Nebraska.
Rodríguez amosouse esta mañá agradecido coas diferentes asociacións do municipio que ano tras ano se ofrecen a subirse ao escenario para presentar os traballos realizados nos diferentes locais culturais das parroquias, e que permiten que se siga mantendo unha programación diaria que se prolonga ao longo de máis de dúas semanas. Salceda encherase así un ano máis de música, baile, cine, xogos e, sobre todo, moita festa. Inciden dende o Concello en que se trata dunha programación “variada para tódolos gustos e para tódolos públicos, cunha especial presenza das actividades dirixidas aos nenos e nenas”.
Martes 9 de xullo
Mércores 10 de xullo
Xoves 11 de xullo
Venres 12 de xullo
Sábado 13 de xullo
Domingo 14 de xullo
Luns 15 de xullo
Martes 16 de xullo
Mércores 17 de xullo
Xoves 18 de xullo
Venres 19 de xullo
FESTAS DO CRISTO
Sábado 20 de xullo
Domingo 21 de Xullo
Luns 22 de xullo
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL