Co ano 2020 aínda dando os primeiros pasos o corpo prepárase xa para as primeiras festas e romarías. Abre o calendario o San Amaro de Matamá, que ademais da programación relixiosa, celebra concertos, charangas e festa gastronómica.
A cita, que vive o seu día grande o 15 de xaneiro, prolongarase tamén durante o sábado 18 e o domingo 19. O mércores, a programación comezará ás 10:30 horas coa Charanga Vai de Baile na Praza de San Amaro e continuará ás 19:00 horas coa actuación de Storrentos e o seu rock de taberna.
Xa o sábado, a programación musical xirará en torno ao Festival Folk na carpa do torreiro da festa. A música comezará a soar ás 21:00 horas cos Setecuncas para continuar con Algarabía, Folc de Coiro e Susana Seivane, unha das máximas referentes da música galega. A Matamá chegará con “Fa”, o seu último trabalo discográfico con temas como “Sabendo Miradas”, “O Primeiro Baile”, “Sentirte, Amarte” ou “Papá Pum Pum”.
A xornada dominical será o momento de desfrutar da gastronomía coa Festa do Cocido na mesma carpa do torreiro. O prezo do prato, que inclúe soa e cocido, pero non bebida, é de 15 euros e haberá amenización musical. Os interesados en acudir deberán reservar previamente nos teléfonos 615 400 310, 667 894 683 ou 696 546 404 xa que as prazas son limitadas.
De forma paralela, celebrarase a quinta edición do Festival de Teatro “Domingos de Sanamaro” no auditorio da Sociedade Atlántica. O 26 de xaneiro comezará con “Mi gran mansión” de Delatoud Produccións, o 9 de febreiro será a quenda de “Un mal día” de Teatro Lameiro e o 16 de febreiro pecharán o ciclo Teatro Atlántida con “O enfermo imaxinario”. Todas as representacións comezarán ás 19:00 horas.
Ahora sí, la gran noria de la Navidad de Vigo ha comenzado a dar vueltas. Estas son las tarifas y horarios de este año
Dani Fernández confirma su idilio con Galicia y anuncia concierto el próximo verano en Pontevedra: este jueves, entradas a la venta
Un recinto de 850 metros repleto de ilusiones ópticas y un "universo coreano". Ya hay fecha y novedades de la Navidad del Náutico de Vigo
El aclamado espectáculo de Juan Dávila regresa en 2026 con una nueva función para la que salen a la venta las entradas este jueves
En Oceanografía, está entre las 200 mejores (en el tramo 151-200) y en Ciencias Agrícolas entre las 300 (en el tramo 201-300)
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL