As Tanxugueiras actuarán nas semifinais do Benidorm Fest que lles pode abrir as portas de Eurovisión. O trío galego vén de confirmar que actuarán este mércores na primeira das dúas semifinais do festival despois de recuperarse dúas das súas compoñentes, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, da Covid-19.
Nun comunicado, a formación indica que Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro poderán actuar neste festival no que se escollerá ao participante de España en Eurovisión 2022. Alí, presentarán o seu directo de 'Terra', que acumula máis de catro millóns de reproducións en plataformas dixitais.
Así, a maior parte do equipo xa se atopa en Benidorm para facer as primeiras probas para a actuación. Na tarde deste luns celébrase un ensaio xeral, no que participarán Sabela Maneiro e Aida Tarrío --quen chega nesta xornada á localidade alacantina--. A elas sumarase nas próximas horas Olaia Maneiro.
A través das redes sociais, Tanxugueiras explicou que as dúas cantantes contaxiadas están "ben" e "recuperándose". Están "a desexar chegar para poder compartir" con todo o público a súa canción, 'Terra', "en vivo". "Estamos moi agradecidas por todo o agarimo das e dos eurofans e do público. Acompáñanos un equipo fantástico e esperamos devolverlle á xente co noso directo toda a enerxía que nos está transmitindo", apuntan nun comunicado.
Laura Iturralde, Marta Verde, Fran Sieira, Iago Pico, Silvia Iria Miramontes, Jorge de Álvarez e Miguel Bling completan o equipo que acompaña ás pandeireteiras neste espectáculo que "conxuga o tradicional co contemporáneo en todos os seus elementos".
O espectáculo conta coa dirección da escenógrafa Laura Iturralde ('Ósmose', con Mercedes Peón) e a coordinación xeral de PlayPlan Cultural, que tamén asume a dirección de produción. A profesora de danza Silvia Iria Miramontes coordinará os movementos de Tanxugueiras e o coreógrafo e bailarín Fran Sieira é o responsable de deseñar o baile no escenario.
O músico e produtor Iago Pico (responsable de Pouland Studios e coautor, con Tanxugueiras, de 'Terra') encargarase da percusión electrónica. O vestiario é obra do deseñador ourensán Jorge de Álvarez (finalista nos Premios Nacionais de Moda en 2021), mentres que a maquillaxe será unha proposta de Miguel Bling (director do 'You Glow Salon').
Por último, o espectáculo complétase con audiovisuais da artista visual e creativa galega Marta Verde (profesora no Berklee Collage of Music de Valencia).
En todo caso, o Benidorm Fest deseñou tres posibles escenarios no caso de que os intérpretes non poidan actuar en directo após dar positivo en covid.
O primeiro deles é se o artista dá positivo após realizar o primeiro ensaio, algo que non é aplicable a Tanxugueiras xa que os primeiros ensaios comezan este luns. O segundo escenario tampouco sería posible para o grupo galego xa que consistiría en pór o videoclip da canción a modo de participación. Con todo, 'Terra' non ten videoclip publicado.
O terceiro escenario, por tanto, sería o aplicable ás artistas e nel "RTVE realizaría unha montaxe coa canción e imaxes do artista das que dispoña", tal e como explica o propio Benidorm Fest na súa páxina web.
Ademais, o festival explica na súa web que a xefa da delegación, Eva Mora, explicou nunha rolda de prensa previa ao Benidorm Fest que "debido á crise sanitaria provocada polo coronavirus, foi imposible gravar actuacións de reserva".
Nace una travesía natural en kayak o paddle surf para conocer de una forma única una de las joyas naturales de Pontevedra
Una terraza de Nigrán con increíbles vistas al mar suma una nueva propuesta gastro. Un restaurante de Vigo aterriza con su cocina fusión
La ría de Vigo se transformará en un gran escenario con una nueva edición del Festival Azul. Habrá rutas, deportes acuáticos y gastronomía
Sabor a mar y conciertos gratis junto a la Ría de Vigo. El festival más gastronómico de la ciudad desvela su cartel musical para el verano
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL