A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas presenta a primeira mostra de teatro afeccionado que arranca este sábado día 7 de outubro ás 20:30 horas coa parodia “En pé de guerra” da compañía Misturarte, unha crítica social que coa típica retranca galega da unha visión das guerras en cinco actos dirixidos por Chusa Couñago.
O vindeiro sábado 14 de outubro Nelson Quinteiro Produccións representará a obra “Pequeno Cabaret Infantil” ás 20:30 horas no auditorio municipal. Un espectáculo para nenos e nenas de todas as idades no que o maestro de ceremonias "Pedriñoo Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis crecidiños transformando algúns contos populares dende un punto de vista moito máis cómico e actual.
O domingo 15 de outubro ás 18:00 horas é o turno da compañía Teatro de Osiris de Salceda de Caselas coa obra “O malentendido” e “A lección”, recomendable para maiores de 13 anos.
O sábado 21 de outubro ás 20:30 horas o grupo de teatro “Ponte Caneiro” de Fozara aposta por “Eramos poucos, e…”.
Para rematar esta primeira mostra de teatro Pena de Equilibrio actuará ás 20:30 horas coa obra “Cómpre falar ben dos mortos” de Gabriel Cajide, componente do grupo. Esta comedia pechará o ciclo de teatro que se desenvolverá durante o mes de outubro no auditorio municipal e que sorteará agasallos en cada función.
El karaoke vuelve al ocio nocturno de Vigo con una improvisación musical. Cualquiera podrá participar en este evento
El Barco Solidario de Navidad de Piratas de Nabia arranca el domingo sus viajes por la ría para ofrecer unas vistas únicas de la iluminación de Vigo
Covelo pone fecha a su Feria de Artesanía de Navidad. Habrá talleres de cocina, sesión vermú, conciertos y visita de Papá Noel
La21 Media Maratón recorrerá este domingo las calles de Vigo con una prueba deportivo que reunirá a más de 1.600 personas
Llega la decimoctava edición de Debut, que además se completará con otras actividades como una exposición con Bimba & Lola
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL