O próximo mércores, 27 de decembro, o Centro Cultural acollerá a partir das 19:30 horas a obra teatral "Os fabulosos cleaners", dirixida ao público infantil e familiar. Dous operarios de limpeza do teatro serán os protagonista da representación, durante a que experimentarán as posibilidades que ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas coa auga e o xabón. Este será, así, un espectáculo cómico no que as burbullas de xabón, nas súas variadas formas e cores, mesturáranse co público.
Por outra parte, o dúo cómico formado por Mofa e Befa (Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira) achegarase á Guarda o próximo venres, 29 de decembro, para representar a súa obra "Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira". Os asistentes poderán asistir, a partir das 21:00 horas, a un espectáculo cómico no que a filosofía será a gran protagonista.
A entrada a ámbalas dúas obras será de balde até completar as prazas dispoñibles. As persoas interesadas poderán recoller a súa entrada no departamento de Cultura do Concello da Guarda ou no Centro Cultural.
Después de la residencia intensiva de julio en Paredes de Coura de la Escola do Rock, su gira por Galicia remata este domingo en Nigrán
El Observatorio Astronómico Nacional explica cómo va a verse la "luna de sangre" en Vigo y su área y cuál es la mejor hora
O Porriño ha desvelado toda la programación de las Festas do Cristo. Heredeiros da Crus y El Combo se suman a un completo cartel
Aluvión de eventos este fin de semana en Vigo y su área, muchos de ellos gastronómicos, para pasarlo en grande el primer finde de septiembre
O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL