O grupo The Turre’s Band presentará este sábado o seu novo disco, "Zapatilla", cun concerto na Sala Rebullón. A cita, que comezará ás 12:30 horas, ten entrada de balde até completar o aforo (pódese reservar en [email protected]). Este último traballo, co que a banda celebra o seu 20 aniversario, componse dunha recompilación de temas que se moven entre o ska, a música balcánica e, sobre todo, o estilo das brass bands americanas, sempre cunha esencia enxebre galega.
O LP, de máis de unha hora de duración, componse de 19 temas nos que destacan ‘Non me móvalos marcos’, unha versión galega de ‘Killing in the name of’ de Rage Against the Machine onde trata a problemática dos lindes cun toque humorístico, e ‘Oda ó futbolín’, onde o propio Xurxo Souto, dos Diplomáticos de Montealto, colabora poñendo a voz principal. Tamén contan con cancións como ‘Mamboswing’, cuxa letra foi realizada ao máis puro estilo de regueifa, e ‘La bolsa’, tema clásico de Bersuit. Está gravado e masterizado por Isaac Palacín (Berrogüetto, Tanxugueiras) e o deseño é do porriñés Sr. Reny.
Os coñecidos como "a banda de delincuentes máis querida de toda Galicia" volven a presentar traballo despois de once anos do seu último CD, A última verbena . En palabras do seu cantante e saxofonista, Diego Cabaleiro, “este disco non entende de idades, desde os máis cativos até os avós non pararán de mover os pés co ritmo da Turre’s ata desgastar a sola das súas zapatillas, de aí o nome do LP”.
The Turre’s Band nace no 2001 cando os membros do grupo “foron expulsados das súas bandas de música por non saber os pinchos educadamente”, así o contan no seu tema Equipo T de Algho hai!, o primeiro traballo que publicaron no ano 2005. Desde entón percorreron festas, locais e festivais de todo o pais e parte da península como o Festival Pardiñas, V de Valarés, Pekusión, Rebumbio, Terra brava; locais míticos do país como o Claviccembalo, Auriense, Fábrica de Chocolate. Ademais, foron finalistas nos Premios Martín Códax da Música Galega en 2018 e 2019 na categoría de ska-reggae-música de mestizaxe.
Os seus compoñentes son: Diego Cabaleiro (Voz e saxo), Ruben Porto (saxo), Ricardo González (bateria), Camilo Martínez (percusión), Manuel Castro (clariente), Javier Romero (trompeta), Pablo Sotelino (trompeta), Juanjo Penas (trombón), Daniel Gregores (trombón), Adrián Sousa (trombón baixo), Gustavo A. Barcia (baixo eléctrico), Gabriel Porto (trompa), Francisco Valcarcel (bombardino) e Gustavo Barcia (tuba).
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL