O Tomiño FC organiza este domingo, 11 de marzo, a I Festa dos Callos da localidade, unha festa gastronómica que nace coa intención de recadar fondos para o club á vez que busca ampliar a oferta de actividades no concello e formar parte do calendario de eventos habituais do concello tomiñés.
A organización espera repartir sobre 2.000 racións durante a festa, arredor de 800 quilos de callos, que poderán empezar a degustarse o domingo 11 de marzo dende as 09.00 horas. Para maior comodidade do público e garantir o benestar de todas e todos os que se achegue a probar os callos en caso de que o tempo non acompañe, a organización habilitará unha carpa no centro de Tomiño, fronte ao ximnasio (Seixo).
"Nace con idea de continuidade, de que este sexa o primeiro paso, xa que todas estas festas van gañando participantes a medida que van sumando edicións”, salienta Manuel Vila, presidente do club de fútbol.
Esta festa é “unha forma de encher de vida e de dinamizar o centro da vila ao tempo que se apoia ao deporte tomiñés”, segundo explicou a alcaldesa Sandra González durante a presentación da I Festa dos Callos nas dependencias do concello.
A festa terá prezos populares e dará a posibilidade de comer os callos na propia carpa ou de compralos para levar. En caso de degustar alí, o prezo será de 7 euros a ración en venta anticipada e de 8 euros en taquilla e cada unha destas racións incluirá pan, callos, viño ou auga, ademais da cazola e a taza conmemorativa. As e os que prefiran tamén poderán coller callos para levar, a 5 euros a ración.
Esta primeira edición levarase a cabo coa colaboración do Concello de Tomiño e de Coren, ademais de coa da Comunidade de Montes VMC Barrantes, coa das panaderías Manuel López, Camiño Novo, Parroquiñas, Currás e Tomipan Flor y Nata e coa de MRDixital, Día Tomiño e Quicelco.
Vigo acogerá un mercadillo vintage solo durante un día. Se podrán encontrar muebles retro, moda vintage y otras piezas
Mos calienta motores para la Festa da Rosa y continúa desvelando novedades. Arrancará con el lanzamiento del cohete y una gran orquesta
"Lo vamos a ver entre cervezas, amplios, guitarras", señala un local de Churruca, que propone esta propuesta para ver el Mundial en Vigo
El Pazo de Mos acoge el concurso "Premio Estrellas de la Panadería Española 2026". ¿Está una receta del área de Vigo entre las mejores?
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL